Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Os organizadores do rally deberon prohibi-lo acceso a unha zona de perigo

Durante unha proba automobilística nun circuíto urbano, dúas espectadoras accederon a unha das zonas especificadas como de perigo, sen que o acceso lles fose tallantemente prohibido pola organización do rally. Mentres estaban alí sufriron un sinistro e lesións das que ámbalas dúas tardaron en curar máis de douscentos días, e das que lles quedaron secuelas.

Polas perdas e danos sufridos, demandaron ó Automóbil Club Circuíto de Guadalupe, á Federación Española de Automobilismo e á compañía aseguradora do evento. Os demandados foron condenados, con carácter solidario, a indemnizaren as dúas espectadoras polas secuelas, máis a cantidade de 5.000 pesetas por cada día de incapacidade.

Segundo o Tribunal Supremo, en sentencia do 27 de xuño do 2001, existía un potencial perigo no espectáculo, ó se-lo seu núcleo esencial a velocidade dos vehículos participantes. Ademais, as espectadoras puideron acceder á zona de perigo sen que o vixilante o impedise, dato que indicaba que non se tomaron as medidas precisas para evitar que o risco se transformase en sinistro, polo que hai responsabilidade extracontractual dos demandados. Do primeiro deles, en calidade de organizador; do segundo, como deseñador do trazado do rally, e do terceiro, na súa calidade de asegurador da Federación Española de Automobilismo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto