Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Lanzaron obxectos á pista de baile da discoteca

Mentres estaba na pista de baile dunha discoteca, un cliente sufriu lesións nun ollo polo lanzamento dun vaso de vidro, descoñecéndose quén o lanzou e se tal feito foi intencionado ou neglixente. A consecuencia das lesións o cliente perdeu o ollo dereito, polo que demandou ós responsables do establecemento e á compañía aseguradora.

O Tribunal Supremo, en sentencia do 21 de maio do 2001, confirma a sentencia de primeira instancia pola que se condenaba o responsable do establecemento a indemniza-las perdas e danos sufridos polo demandante. O Supremo considera, en primeiro lugar, que debido á alta asistencia (máis de mil persoas), se vulnerara a obriga de extrema-las medidas de seguridade, como a normal prudencia de recolle-los vasos usados.

E, en segundo lugar, que os feitos concordan coa responsabilidade do cabeza de familia polos danos causados polas cousas que se lancen ou caian da casa que habita, establecida no artigo 1.910 do Código Civil. Esta responsabilidade interprétase como referida á persoa ou entidade titular da vivenda, local ou establecemento que ten a obriga de controla-lo que acontece no seu recinto. E di o Supremo que o bo tino impón que o precepto protexa tamén ós que están dentro do local, e non que abarque só a responsabilidade polos danos causados ó guindarse unha cousa fóra do recinto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto