Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O fabricante dun producto tóxico industrial non foi responsable das queimaduras sufridas por un particular

Un producto que contiña unha alta concentración de ácido sulfúrico causoulle queimaduras a unha consumidora que o adquiriu nun establecemento, malia a estar destinado a uso industrial e prohibida a revenda. O Tribunal Supremo estima, en sentencia do 22 de maio do 2001, que hai ausencia de responsabilidade do fabricante e distribuidor do producto, por ser de uso exclusivo industrial. O Supremo afirma que o etiquetado do producto cumpría as obrigas legais (incluía instruccións de uso e un pictograma que indicaba a súa alta toxicidade). Ademais, a etiqueta citaba claramente a prohibición de revenda, sendo imposible para o distribuidor controlar este aspecto. Aínda que o distribuidor vendeu o producto fóra do circuíto industrial, para o Supremo non hai imprudencia niso, xa que cae fóra dos usos ordinarios que o distribuidor examine as calidades profesionais do seu comprador e que realice un seguimento do producto. É o vendedor o que incorreu en irresponsabilidade, ó vender ó público o producto, facendo caso omiso da prohibición. Para rematar, lembra o Supremo que a responsabilidade do fabricante e distribuidor por productos defectuosos, regulada na lei 26/1984 do 19 de xullo, non deriva do contrato de compravenda á que se poida aplica-lo prazo de prescrición contractual de quince anos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto