Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O pacto entre as partes prevalece ó acordo estándar

Unha persoa adquiriu unha vivenda en construcción e entregou cantidades anticipadas a conta, garantidas mediante unha póliza de seguro. Na póliza incluíanse certificados do contrato de garantía no que constaba como data de vencemento a do 30 de maio de 1990, mentres que mecanograficamente se establecía a vixencia do contrato ata a obtención da cédula de habitabilidade da vivenda.

En 1992, a constructora vendeu o soar e a obra realizada ata ese momento a un terceiro, sen contar co primeiro comprador que, ante a perda da vivenda e das cantidades anticipadas, lle reclamou á compañía aseguradora o diñeiro adiantado.

A aseguradora alegou que a acción estaba prescrita e negouse a pagar, interpretando que a póliza vencera o 30 de maio de 1990 e que xa transcorreran os dous anos que o artigo 23 da Lei do Contrato de Seguro establece como prazo de prescrición das accións para reclamar. Pero o Supremo, en sentencia do 6 de xuño do 2001, argumenta que o día 30 de maio de 1990 non é a data do vencemento da póliza, ó ser válido o pacto entre as partes polo cal a póliza vencía ó obte-la cédula de habitabilidade. Así resultaría tamén dos artigos 3, 4 e 7 da Lei 57/1968 sobre percepción de cantidades anticipadas na construcción e venda de vivendas. Por iso, condena a aseguradora a entregarlle ó demandante as cantidades aseguradas e ó pagamento das custas do xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto