Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O comprador da vivenda non ten que paga-lo imposto sobre o incremento do valor dos terreos, non sendo que resida no estranxeiro

Adquirín unha vivenda de protección oficial de nova construcción en réxime de propiedade horizontal. Recentemente recibín unha notificación do meu concello requiríndome o pagamento de 12.729 pesetas en concepto de imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. A escritura de compra sinala, nun dos seus apartados, o seguinte: "Tódolos gastos que se ocasionen pola presente escritura e contrato, con exclusión do imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, serán de conta e cargo da parte compradora". ¿Teño a obriga de pagar este imposto?

  Xeralmente, o comprador non ten a obriga de paga-lo imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Segundo o artigo 107 da Lei de Facendas Locais, o suxeito pasivo do imposto é o vendedor. O anómalo deste caso leva a entender que podería concorrer unha excepción legal pola que o concello estea amparado para reclamarlle ó comprador a cota do imposto.

Esta excepción, reflectida na Lei 50/1998 do 30 de decembro de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social, considera suxeito do imposto á persoa física que adquira un terreo ou a favor da cal se constitúa ou transmita o dereito real, pero só cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España. Se fose este o caso, o comprador veríase na obriga de aboa-la plusvalía en substitución do vendedor, coa posibilidade de, posteriormente, reclamarlle o pagamento ó vendedor. Pero se non fose así, o comprador non estaría obrigado a aboar este imposto.

No tocante ós pasos que cómpre dar para aclarar esta situación, convén acudir á área correspondente do concello para saber se realizan a reclamación do pagamento da plusvalía sobre a base desta excepción, caso no que terá que aboa-la cota. Tamén hai que comprobar se, xa que se trata dunha vivenda de protección oficial, as Ordenanzas Municipais estableceran ou non unha exención do imposto. Se logo de coñeceren esta información, os afectados entenden que non están obrigados a pagar, poderán expoñer verbalmente a anomalía do caso ante o responsable da área e, se fose preciso, presentar un escrito ou recurso ante o concello solicitando a anulación do requirimento de pagamento con base no artigo 107 b) da Lei de Facendas Locais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto