Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Tinturerías: Aumenta o uso dos seus servicios, pero tamén as queixas

Non estamos obrigados a pagar por adiantado e podemos pactar indemnizacións no caso de deterioración das prendas, aínda que por descoñecemento esiximos estes e outros dereitos en poucas ocasións.

  O uso dos servicios que ofrecen as tinturerías popularizouse nos últimos tempos. Continúan sendo indispensables para a limpeza de manchas rebeldes e de prendas delicadas ou difíciles de limpar nas nosas casas como edredóns ou mantas, pero as súas tarifas baratas e a rapidez de entrega motivaron que as tinturerías se empreguen cada vez máis a xeito de lavandería co servicio de pasada de ferro. Non obstante, os seus servicios suscitan numerosas queixas entre os usuarios. Coñecérmo-los nosos dereitos permitiranos saber cándo e cómo reclamar.

Antes de entrega-la prenda?

  • Comprobe se ten faltas ou desperfectos nos botóns ou corchetes. Asegúrese de que non deixa ningún obxecto nos petos.
  • Lea atentamente a "carta de recomendacións" e as informacións expostas na tinturería.
  • Verifique que o establecemento exhibe de maneira visible a seguinte información:
  • prezos máximos dos servicios, horario e lendas que especifiquen que o establecemento dispón de follas de reclamacións, que o indemnizará pola perda ou estrago irreparable da prenda e que lle facilitará a quen o solicite a carta de recomendacións do usuario.

No establecemento?

  • Fixe, de común acordo co responsable do servicio, a valoración da prenda de cara á posible indemnización no caso de estrago ou extravío.
  • Se existen discrepancias entre o valor que lle dá vostede á prenda e o sinalado polo responsable do servicio, acuda a outro establecemento do ramo.
  • Solicite sempre unha copia do resgardo ou xustificante no que figuren a identificación do cliente e da empresa, a data de recepción da prenda e a prevista para a finalización do servicio, a especificación das prendas e do servicio, o prezo, as observacións, se as hai, sobre o estado da prenda, a valoración previa da prenda, no caso de que decida facela de común acordo co prestador do servicio e o selo ou sinatura do responsable do establecemento.
  • Conserve o resgardo. No caso de reclamación serviralle como documento xustificativo.
  • Saiba que non lle poden esixi-lo pagamento por adiantado. As empresas que o fagan deben amosar nun lugar visible unha lenda que especifique que só se esixirá pagamento anticipado cando haxa conformidade expresa por parte do cliente.
  • Verifique que o prezo que figura no xustificante polo importe do servicio coincide co que se anuncia no establecemento. En ningún caso poderán cobrarlle cantidades superiores ás que figuran no resgardo.

Ó recolle-la prenda?

  • Se observa que a limpeza foi defectuosa, esixa que a realicen de novo sen custo adicional.
  • Recolla a prenda antes de 3 meses, se non poden cobrarlle por concepto de gardarroupa.
  • Se sufriu algún desperfecto e previamente chegou a algún acordo co responsable do servicio, esixa unha indemnización en función do dano ocasionado.
  • No caso de non chegar a un acordo, utilice as follas de reclamacións que o establecemento debe ter á disposición dos consumidores e usuarios.
  • No caso de inexistencia ou de negativa a facilitarlle a folla de reclamacións, formule a súa queixa ante a Administración.
  • Non esqueza nunca remitir xunto coa súa reclamación cantas probas ou documentos sirvan para mellora-la valoración dos feitos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto