Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Todo sobre o IBI. Comparámolo en 14 cidades.: Nalgunhas cidades, o imposto de vivenda case triplica ao doutras

O de vivenda é un imposto máis e cada cidade ofrece un despregamento de servicios e unha calidade de vida distintos, pero interesa comparar a cánto ascende o IBI na nosa cidade e nas demais.

¿Que é o IBI?

Un tributo directo, real, obxectivo e periódico que grava a propiedade, a titularidade de dereitos reais de usufructo ou de superficie ou dunha concesión administrativa sobre os bens situados en cada termo municipal. O IBI incide sobre tódolos bens inmobles pero hai diferencias segundo a súa natureza rústica ou urbana. Afecta a tódolos inmobles de natureza urbana, unidades urbanas, cunha relación de propiedade delimitada a efectos fiscais. Está regulado na Lei de Facendas Locais.

O recibo

É a unidade básica de información. Vexámo-los seus elementos.

  • Valor catastral: De xeito simplificado, é o valor do solo máis o valor de construcción da vivenda. Xeralmente, achégase á metade do valor de mercado da vivenda.
  • Base Impoñible: Constituída polo valor catastral dos bens inmobles non exentos.
  • Base Liquidable: É diferente do valor catastral só nos municipios que efectuaron unha revisión catastral a partir de 1997. Determínase aplicando un coeficiente (varía segundo o ano da última revisión) que reduce o valor catastral.
  • Tipo impositivo: Coeficiente expresado en porcentaxe que se debe aplicar á base impoñible para obte-la cota final que hai que pagar. Fíxao o Concello, respectando uns mínimos e máximos que lle veñen fixados.
  • Cota: Resulta da aplicación do tipo de gravame á base liquidable. A cota íntegra é a cota do imposto antes de aplicarlle a posible bonificación.
  • Bonificación: Reducción dunha porcentaxe da cota, en certas vivendas: VPO (de protección oficial), cooperativas agrarias, etc.
  • Débeda tributaria: Cantidade resultante de aplica-las bonificacións á cota íntegra. É o que realmente se paga.

¿Cando se debe paga-lo IBI?

O pagamento esíxese anualmente, reportándose o primeiro día do período impositivo, que coincide co ano natural (se mercamos un piso o 7 de xaneiro, o IBI dese ano pagarao o anterior propietario). As variacións nos bens gravados ó longo do período impositivo non terán efectos para o IBI, e incidirán nos exercicios seguintes. O Concello fixa as datas de pagamento, que difiren duns a outros. Algúns concellos permiten o fraccionamento do pagamento en dous prazos, semestrais.

¿Tódalas propiedades pagan o IBI?

Este imposto complétase con exencións, algunhas obxectivas e outras de natureza subxectiva e mixta. Hai outras por períodos limitados, con motivo de desastres naturais.

Mínimos exentos: Os bens de natureza urbana cunha base impoñible inferior a 100.000 pesetas están exentos de tributación. E tamén os de natureza rústica cando a base impoñible dos situados no municipio sexa inferior ás 200.000 pesetas.

Exencións temporais: Certos montes e tramos en rexeneración de masas arboradas poden declararse exentos durante 15 anos.

Exencións permanentes: Determinados bens propiedade da Administración, Igrexa Católica, bens de dominio público, etc.

¿Quen o paga?

Os "suxeitos pasivos", persoas físicas e xurídicas propietarias de bens inmobles gravados sobre os que non recaian dereitos reais de usufructo ou de superficie. Tamén os titulares dunha concesión administrativa sobre inmobles gravados ou sobre os servicios públicos ós que estean afectados. En canto ó alugueiro, as partes poden pactar en contrato que a cota do IBI corra a cargo do arrendatario.

¿Como se calcula a cota do IBI?

Partindo do valor catastral da vivenda, ó que hai que aplica-lo tipo de gravame, fixado por cada concello. Ó resultado (cota) aplícanselle as bonificacións: reducción da cota para certas vivendas, VPO, cooperativas agrarias... O resultado é o montante que hai que pagar (débeda tributaria).

Se a última revisión catastral é posterior a 1997, aplícaselle ó valor catastral un coeficiente reductor, do 0,9% o primeiro ano, 0,8% o segundo e así ata o décimo ano no que a base liquidable é igual ó valor catastral.

¿Como se chega ó valor catastral?

É un complicado procedemento administrativo que parte de estudios de mercado inmobiliario e conclúe na redacción dunhas relacións de valores nas que se reflicte o valor dos inmobles. Segundo a Lei Reguladora de Facendas Locais, o valor catastral urbano está formado polo valor do solo e o das construccións e obtense de datos obrantes no Catastro. Fíxase tomando como referencia o valor de mercado e tende a achegarse á metade deste, porque se aplica un coeficiente que reduce á metade o valor resultante da Ponencia de Valores. O valor catastral calcúlase mediante un procedemento regrado, o sistema de valoración catastral, e corríxese segundo as características do inmoble.

¿Que é a Ponencia de Valores?

É o documento administrativo que recolle os valores do solo e as construccións, os criterios de valoración e coeficientes correctores que se aplican no ámbito territorial ó que se refire, así como a delimitación de solo urbano e os elementos para fixa-los valores catastrais. Expóñense ó público para que poidan ser consultadas tras unha revisión catastral.

O valor do solo... ¿como se calcula?

Tendo en conta as circunstancias urbanísticas. Ó valor do solo así establecido, aplícase o aproveitamento permitido pola planificación urbanística.

¿E o valor de construcción?

Calcúlase tendo en conta a súa tipoloxía, uso, calidade e carácter histórico-artístico, depreciándose (cando proceda) en función da antigüidade, uso e conservación. Poden estimarse tamén o carácter singular e as obras de reforma.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto