Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
No 1986, unha familia adquiriu unha vivenda en Murcia, situada xusto enriba dun transformador eléctrico de media tensión. A actividade deste transformador provocaba un campo electromágnético que invadía o seu domicilio con valores permanentes noite e día superiores a unha microtesla (unidade de medición de campos electromágnéticos) e varias horas ó día superando incluso as catro microteslas. Por este motivo, abandonaron o domicilio e adquiriron outro en 1977. Meses despois, presentaron unha demanda contra Iberdrola. Dúas eran as accións que perseguía a demanda: a principal, que cesara a intromisión da actividade de Iberdrola na propiedade dos demandantes, xa que estaba perturbando a súa pacífica posesión da vivenda. A secundaria, que Iberdrola indemnizara os prexuízos sufridos polos demandantes a causa da intromisión. Durante o xuízo, quedou claro que era Iberdrola quen tiña que demostrar que non houbera intromisión por parte da súa actividade na casa dos demandantes e que os campos magnéticos eran inocuos. A Audiencia, en sentencia do 13 de marzo de 2001, dá a razón ós demandantes e condena a Iberdrola, en relación á acción principal, ó cesamento absoluto da intromisión. Con relación á segunda acción, o xuíz condena a Iberdrola a indemniza-los prexuízos económicos derivados do cambio de domicilio. Mais non condena, posto que tampouco os demandantes o solicitaran, a indemnizar por posibles efectos nocivos sobre a saúde desta familia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI