Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha residencia da Terceira Idade contratou con Telefónica a instalación da liña RDSI (Rede Dixital de Servicios Integrados), adxudicándolle un número de teléfono. Esta liña non funcionou correctamente, o que obrigou á residencia a substituíla por outra liña analóxica, cambiando novamente de número de teléfono. Ademais, o mal funcionamento da liña RDSI ocasionou que a publicidade contratada en prensa pola residencia fose inútil, ó facer referencia a un número de teléfono non operativo.
A residencia demandou a Telefónica polas perdas e danos sufridos e, o 29 de xaneiro do 2001, a Audiencia de Pontevedra condenou a Telefónica a indemniza-lo seu cliente. Segundo a Audiencia, ó resulta-la liña inoperante, produciuse unha diminución da eficacia dos anuncios de publicidade. A residencia aboara 486.910 pesetas pola publicidade e a Audiencia obrigou a Telefónica a indemnizala co 50% (243.455 pesetas), xa que estimou que o contrato de telefonía obriga á operadora a proporcionar un adecuado servicio de liña telefónica, conforme ás normas xerais do Código Civil relativas a obrigas e contratos, e ás específicas da Lei xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI