Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Indemnizan os noivos pola intoxicación sufrida polos invitados do seu banquete

Varios invitados a un banquete de vodas celebrado nun hotel sufriron umha intoxicación como consecuencia dos alimentos alí inxeridos. Os noivos reclamáronlle ó hotel umha indemnización polo dano moral causado, e con data do 19 de xaneiro do 2001, a Audiencia Provincial de Valladolid condenou o hotel a aboarlles unha indemnización de duascentas mil pesetas.

A Audiencia determina que, se ben os noivos non foron afectados pola intoxicación, o incumprimento do hotel cobraba especial relevancia e transcendencia ó se tratar dun banquete de vodas. Ademais, considera probada a relación de causalidade entre a intoxicación e o mal estado dos alimentos, a pesar de que estes xa se esgotaran e non se podían analizar. Sinala a Audiencia que, ó se acabaren os citados alimentos, adquiriron especial relevancia as declaracións das testemuñas invitadas á voda.

E neste caso, canda a proba dos invitados, presentouse o testemuño dunha doutora que prestou asistencia médica a un dos asistentes ó banquete. Finalmente, a Audiencia lembra que o día anterior á voda, outras dúas parellas que celebraran no mesmo hotel o seu banquete nupcial se presentaran na Xunta de Castela e León para denunciar feitos similares e que a inspección realizada atopou xermes e enterobacterias nas mostras recollidas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto