Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O voo atrasouse e perdeu un día de vacacións

Hai tempo realicei unha viaxe en avión a Canadá con saída en Bilbao cara a Londres e de alí a Vancouver. Por razóns que non me explicaron, o voo cara a Londres saíu con atraso e por iso me foi imposible tomar en Londres o enlace con Vancouver. Así, cheguei ó meu destino 24 horas máis tarde, co que perdín un día de vacacións e a tarifa dun día de alugamento dun vehículo que tiña contratado, cun custo que ascendía a 10.000 pesetas diarias. Quixera saber a qué compensación tiña dereito por parte da compañía aérea.

  Aínda que neste caso o consumidor tería dereito a unha indemnización polo atraso inxustificado do voo, a normativa non establece a cánto ascende o importe. A Lei de Navegación Aérea "só" sinala que as compañías aéreas non responderán ante os usuarios se a suspensión de voos ou o atraso obedecen a razóns de forza maior ou razóns meteorolóxicas que afecten á seguridade do voo. Aínda así, as compañías de transporte aéreo véñense negando a responder tamén no resto de supostos. Ampáranse nunha das condicións xerais dos contratos, pola que se autoeximen de responsabilidade polos atrasos, non garantindo os horarios e establecendo a posibilidade de modifica-los horarios sen previo aviso. Sen embargo, os tribunais están declarando nulas estas cláusulas, ó entenderen que vulneran a Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, ó tratarse dunha cláusula abusiva contraria á boa fe e xusto equilibrio das contraprestacións das partes, danando de forma non equitativa e desproporcionada o consumidor.

Establecido o dereito a ser indemnizado, determinaranse en cada caso os danos e prexuízos realmente sufridos polo usuario. Neste caso, as referencias para cuantifica-los danos poderían estar en tempo de vacacións que se perdeu (un día) e nas tarifas do vehículo de alugamento. De xeito orientativo, o xulgado de primeira instancia de Madrid número 13 condenou (resolución do 23 de abril de 1999) a Iberia a indemnizar con cincuenta e dúas mil pesetas por un atraso do voo que privou o usuario tamén dun día de vacacións. Un ano despois, o Tribunal Supremo condenou (resolución do 31 de maio de 2000) a outra compañía aérea a indemnizar con duascentas cincuenta mil pesetas por un atraso inxustificado de dez horas. E, recentemente, outro xulgado de primeira instancia de Madrid (13 de marzo de 2001) condenou a Iberia a indemnizar con duascentas cincuenta mil pesetas por atraso.

Débese ter presente que para ser indemnizado hai que presentar unha reclamación no libro de reclamacións da compañía aérea. Se é denegada, o seguinte paso haberá que dalo ante os tribunais.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto