Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Para cambia-lo apelido paterno precísase o asentimento do pai biolóxico

A miña parella abandonoume hai anos ó nace-la miña filla, deixando claro que non quería saber nada de nós. Non volvemos saber nada del e non fixo nada por ve-la meniña, aínda que segue ingresando tódolos meses as 25.000 pesetas que acordamos no convenio da separación de feito. Actualmente estou casada con outra persoa e teño outro fillo desa nova relación, e gustaríanos que os dous nenos tivesen os mesmos apelidos, xa que o meu marido é coma un pai para a miña primeira filla. Quixera saber se para iso é necesario contar co seu pai, xa que non queremos volver a ter relación con el.

  Para substituí-los apelidos paternos da nena polos do cónxuxe, este tería que adopta-la meniña, e para iso deben contar necesariamente co pai biolóxico da nena. En canto ós pasos legais que se deben dar, é preciso iniciar un procedemento xudicial ante o xulgado de primeira instancia correspondente, no que o xuíz velará polo interese da menor, atendendo ás circunstancias do seu caso. Aínda que se precisa o asentimento do pai biolóxico para formaliza-la adopción dun menor polo cónxuxe da nai (ou pai), hai dúas excepcións: que o pai biolóxico fora privado por sentencia da patria potestade ou que estivese en curso a causa legal para iso, como sinala o artigo 177 do Código Civil. Ademais, o artigo 1831 da Lei de Axuizamento Civil (da LAC antiga e aínda non derrogado) ordena citar ó xuízo ó pai.

Á vista do anterior, se se desexa iniciar un proceso xudicial adoptivo, cómpre citar e contar co pai biolóxico para que outorgue o seu asentimento. A primeira excepción non concorre, dado que o pai biolóxico non foi privado da patria potestade por sentencia firme. O que se produciu é unha asignación xudicial da garda e custodia da nena a favor da nai, na que o pai queda obrigado a aboar unha pensión de alimentos e posúe un dereito de visitas que, sen embargo, non cumpre desde a separación. En canto á segunda excepción que lles permitiría prescindir do asentimento do pai, só unha situación moi grave podería facer prosperar un xuízo para priva-ló pai biolóxico da patria potestade. Nesta situación suxírese, antes de nada, consultar cun avogado especializado en asuntos de familia.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto