Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O primeiro ano é o período de crecemento e desenvolvemento máis rápido na vida do neno e cando este é máis inmaduro e vulnerable.
Por esto, é especialmente importante asegurarlle unha alimentación suficiente e axeitada, co triple obxectivo de satisface-las súas necesidades nutritivas, previr e/ou tratar diversas situacións patolóxicas e crear uns bos hábitos alimentarios. As pautas nutricionais veñen marcadas polas recomendacións e informes técnicos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), o Comité de Nutrición da Academia Europea de Pediatría e o Comité de Nutrición da Sociedade Europea de Nutrición e Gastroenteroloxía Pediátrica (ESPGAN), e adáptanse a tres etapas ben diferenciadas:
Período lácteo. O leite é o seu único alimento, sexa leite humano ou artificial. Desde o nacemento ata os 4-6 meses aproximadamente. Durante este período, o lactante é capaz de succionar e deglutir, pero aínda non desenvolveu a capacidade de dixerir certas proteínas e os seus riles non son capaces de soportar cargas osmolares excesivas (líquidos moi concentrados en partículas: sales minerais, glicosa...). O recén nado non nace sabendo mamar pero desenvolve esa capacidade nas primeiras 48 horas de vida. O reflexo de succión ten a máxima resposta ós 20-30 minutos despois do parto e debería ser aproveitado. Lactación materna. A lactación é, ou debe ser, a principal fonte de alimento a esta idade, exclusiva nos primeiros meses, xa que o leite de muller se adapta perfectamente ás necesidades nutricionais e ás características dixestivas dos lactantes ata a introdución da alimentación complementaria.
O leite como alimento único a partir dos seis meses non proporciona a enerxía e nutrientes que precisa o lactante a partir desta idade, e ademais, como as súas funcións dixestivas maduraron, deben incluírse novos alimentos na súa dieta, seguindo unhas normas regradas. Non está xustificado introducir novos alimentos antes dos tres meses, aínda que tampouco é aconsellable facelo máis tarde dos seis, porque a falta de diversificación é motivo frecuente de perda de apetito, á vez que se desaproveita unha época moi válida para a educación do gusto e o coñecemento dos alimentos básicos que lle permitirán ó bebé adaptarse a unha alimentación equilibrada, variada e suficiente. Debe irse substituíndo, dunha en unha, as tomas de leite que recibe o lactante polos distintos compoñentes dunha alimentación complementaria (papa de cereais, froita, puré de verdura...), de forma paulatina, con intervalo suficiente para que o neno vaia aceptando os novos alimentos, probando a súa tolerancia antes de introducir un novo e dándolle tempo á adaptación do seu organismo. Neste período é moi importante permitir que a cantidade de alimento poida variar dun día a outro e dunha semana a outra, segundo o apetito.
| Meses | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Leite materna | X | X | X | X | X | X | X | X | X | X | X | X |
| Leite de inicio | X | X | X | X | X | |||||||
| Leite de continuación | XX | XX | X | X | X | X | X | X | X | |||
| Cereais sen glute | XX | X | X | X | X | X | X | X | X | |||
| Cereais con glute | X | X | X | X | X | X | ||||||
| Zumes de froita | XX | X | X | X | X | X | X | X | X | |||
| Froita en papas | X | X | X | X | X | X | X | X | ||||
| Verduras | X | X | X | X | X | X | X | X | ||||
| Carnes | X | X | X | X | X | X | X | |||||
| Pescado (branco) | X | X | X | X | ||||||||
| Xema de ovo | X | X | X | X | ||||||||
| Ovo completo | X | |||||||||||
| Iogur natural sen azucrar | XX | X | X | X | X |
XX: a introducción dos alimentos é opcional neste mes, pode aprazarse ata o mes marcado coa cor X.
X: Neste mes é recomendable a introducción dos alimentos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI