Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deduccións e reduccións, cómo pagar menos no IRPF: Aproveitar ó máximo as reduccións e as deduccións, a baza do contribuínte

Non hai fórmulas máxicas, pero si apartados fiscais que axudan e que convén coñecer

Deduccións

  1. Relacionadas coa vivenda:
    • Compra-la vivenda primeira e de uso habitual: dedúcense os intereses do préstamo solicitado para a adquisición da mesma, as cotas de amortización do capital do préstamo, a entrada do piso, os gastos de notaría e rexistro, e o Imposto de Transmisións Patrimoniais.
    • Abrir unha Conta Vivenda: pódese deduci-lo 15% do depositado cada ano. Pero a Lei obriga a investi-las cantidades achegadas na compra dunha casa, que sexa vivenda habitual, nun prazo de catro anos. Do contrario, hai que devolver, na declaración do ano que se realice o incumprimento, as deducións practicadas (incluíndo os intereses de demora)
    • A deducción pola adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual é do 15% do investido, cun límite dun millón e medio de pesetas para a base, o que supón un aforro máximo de 225.000 pesetas.
    • Se se solicita un crédito hipotecario para a compra ou rehabilitación da vivenda durante os dous primeiros anos pódese deducir un 25% sobre as primeiras 750.000 pesetas, e un 15% sobre o resto, ata 1.500.000 pesetas. Os seguintes anos a deducción será do 20% e do 15% , respectivamente. No País Vasco dedúcese o 15% da amortización con límite de 4.500.000, máis o 20% dos intereses, porcentaxes que en Álava e Guipúscoa se incrementan un 10% para menores de 35 anos, todo isto cun límite do 60% da Base Impoñible reducidas as achegas a plans de pensións...
    • Obras efectuadas na vivenda, pero só as consideradas como rehabilitación de vivenda habitual (obras declaradas como actuación protexida polo RD 1186/1998), ademais doutras obras de estructuras, fachadas ou cubertas, cando o custo total exceda do 25% do prezo de adquisión no caso de se realiza-la obra nos dous anos posteriores á súa compra.
    • Os contribuíntes que adquiriron a súa vivenda antes do 4 de maio de 1998 deben compara-lo réxime da anterior Lei de IRPF co actual e elixi-lo máis favorable para eles.
    • Ó compra-la primeira vivenda, quen estea interesado en adquirir tamén unha praza de garaxe pode incluíla na mesma escritura có piso. Así pódense deducir ata dúas prazas de aparcamento. Non ocorre o mesmo se se compra a praza de garaxe de maneira independente.
    • Alugueiro da vivenda: só deducen os contratos de arrendamento anteriores ó 24 de abril de 1998, e sempre que sexan para a vivenda habitual. A deducción será do 10% das cantidades pagadas durante o ano, cun límite de 100.000 pesetas anuais. Requisitos: que a Base Impoñible antes de computa-lo mínimo persoal e familiar non sexa superior a 3.500.000 pesetas (declaración individual) ou a 5.000.000 de pesetas (conxunta), e que as cantidades pagadas no ano excedan do 10% dos rendementos netos do contribuínte.
    • No País Vasco esta deducción é do 15%, cun límite de 150.000 pesetas ou do 20% cun límite de 200.000 pesetas en caso de menores de 35 anos, e aplícase con independencia da data do contrato.
    • Os préstamos das reformas para adapta-la vivenda a persoas con minusvalías tamén deducen: durante os 2 primeiros anos, o 25% sobre o primeiro millón de pesetas, e o 15% se se sobrepasa esa cantidade ata os dous millóns de pesetas.
    • A partir do segundo ano, o 20% sobre o primeiro millón e o 15% das cantidades superiores ata os dous millóns de pesetas.
  2. Outras deduccións menores:
    • Investimentos e gastos en bens de interese cultural: a contía da deducción é do 15% do achegado e se se trata da adquisición, estes bens deben estar inscritos no Réxime Xeral de Bens de Interese Cultural.
    • Doazóns:
      • * De diñeiro: pódese deducir entre o 20% e o 25% da doazón, dependendo do tipo de fundación ou asociación destinataria.
      • De bens: dedúcese o 20% de doazóns puras e simples de bens que formen parte do Patrimonio Histórico Español e de doazóns de obras de arte.
  3. Deducción por cantidades destinadas a protexe-la natureza: o 10% do investido.
  4. As cotas de colexios profesionais deducen ata 50.000 pesetas anuais.
  5. Deduccións autonómicas
    • Actualmente, e á marxe do réxime especial de Ceuta e Melilla, Canarias, País Vasco e Navarra, as Comunidades que poden aplicar deduccións autonómicas específicas son: as Illas Baleares, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia, A Rioxa e a Comunidade Valenciana. Convén informarse na delegación de Facenda correspondente sobre as deduccións aplicadas en cada unha destas comunidades.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto