Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Uns veciños da provincia de Palencia adquiriron unha granxa para empregala como vivenda habitual. Xunto a ela había dúas empresas dedicadas ó transporte, trituración e lavado de sementes, o que incidiu no baixo prezo da compravenda da granxa. De seguido, emprazáronse alí outras empresas que agravaron a contaminación acústica, de po e fume. Ante as queixas dos veciños, a Administración solicitoulles ás industrias que tomasen as medidas oportunas, pero eses requirimentos foron desoídos. Finalmente, os veciños demandaron ás empresas en defensa do seu dereito a unhas condicións de vida e a un ambiente aceptables.
En primeira instancia, o xulgado condenou as demandadas a unha indemnización de medio millón de pesetas. Na apelación, a Audiencia Provincial de Palencia subiu a indemnización a un millón, atendendo ó momento e prezo polo que os demandantes mercaron a vivenda. Finalmente, o Tribunal Supremo fíxaa definitivamente en sete millóns de pesetas, en sentencia do 2 de febreiro do 2001, por considerar errónea a proporcionalidade entre a indemnización e os danos causados.
Na sentencia, o Supremo salienta que ó lado dos dereitos públicos e económicos están tamén os vinculados á calidade de vida, que teñen a súa expresión no dereito á calidade ambiental.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI