Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O estudiante non acordara o financiamento do curso

Un estudiante subscribiu un contrato coa Academia de Idiomas Home English. Ó asina-la matrícula, asinou tamén unha domiciliación bancaria para aboa-lo curso con mensualidades. O contrato indicaba tamén a entidade á que se debían presenta-los recibos ó cobro, pero sen facer referencia a ningún tipo de financiamento. Sen embargo, unha entidade financeira reclamoulle ó estudiante o pagamento de cotas derivadas dun contrato de financiamento por el subscrito, ó que este se negou considerando que, aínda que contratara coa academia un curso, non acordara o seu financiamento con ningunha entidade crediticia. Acontecía que a financeira adiantáralle á academia o importe do curso, sen coñecemento do consumidor, e que o banco, ante o non pagamento das cotas, demandou ó estudiante. Durante o xuízo, o consumidor alegou non subscribir conscientemente un contrato de préstamo. O Tribunal sinala que o consumidor asinou por indicación da academia o contrato, ó que despois o centro de idiomas lle engadiu a máquina a información concreta do financiamento do curso.

Considerando o xeito no que se produciu a sinatura do contrato, o Xulgado de Primeira Instancia de Madrid, en sentencia do 19 de marzo do 2001, conclúe que se inducira a un erro esencial ó consumidor, xa que este non consentira ese xeito de financiamento. Polo tanto, declara nulo o contrato de financiamento e desestima a demanda, co que o consumidor é absolto de responsabilidade e a financeira condenada ás custas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto