Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
En 1991 un alumno de doce anos do colexio Público Federico García Lorca de Móstoles (Madrid) faleceu durante o recreo, como consecuencia do golpe que recibiu cando se desprendeu o traveseiro da portería de fútbol-sala á que se agarrara para facer un xiro completo.
Os pais do menor demandaron por responsabilidade extracontractual ó director do centro, ó Estado e á profesora-titora do curso no que estaba o neno. A Audiencia Provincial de Madrid considerou unha neglixencia que houbese unha portería sen rede e a falta dunha vixilancia axeitada no recreo e estimou que ámbolos dous feitos constituían a causa do falecemento. Segundo a Audiencia, omitíronse as debidas precaucións na organización do centro escolar e do recreo, aínda que tamén a conducta do menor contribuíu ó resultado final. Por iso, condenou ó director do centro e ó Estado a indemnizaren ós demandantes con cinco millóns de pesetas.
Tanto o Estado coma o director recorreron a sentencia ante o Supremo, pero este confirmouna, o 7 de marzo do 2001, e lembrou que nun caso semellante se condenou tamén, en sentencia do 10 de outubro de 1995, ó director do colexio e á Administración Pública.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI