Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Vivo nun primeiro andar e debaixo da miña vivenda hai unha cafetería coa cambota da cociña e o aire acondicionado estragados. Os ruídos que se xeran chegan ata o terceiro andar, pero, aínda así, a comunidade de propietarios non quere facer nada ó respecto. ¿Están os meus veciños obrigados a axudarme para resolver este problema de ruídos ou debo solucionar eu soa o problema? Nese caso, ¿que pasos debo seguir?
En primeiro lugar, cómpre expoñérlle-lo problema ó presidente e ó administrador, instándoos a que lle soliciten ó titular da cafetería que repare a cambota da cociña e do aire acondicionado. Segundo o artigo 7 da Lei de Propiedade Horizontal, un propietario non pode prexudica-los dereitos doutros copropietarios, polo que está prohibido desenvolver actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Continuando as indicacións deste mesmo artigo, o presidente da comunidade, a iniciativa propia ou de calquera dos propietarios, débelle pedir a quen realice ese tipo de actividades que cesen de inmediato, advertíndoo de que, se non o fai, se emprenderán as accións xudiciais oportunas.
Pero se o administrador e o presidente, especialmente este último, non lle solicitan ó propietario da cafetería que repare a cambota e o aire acondicionado, cómpre enviarlle unha carta ó presidente da comunidade, instando a convocatoria dunha xunta extraordinaria cunha acta do día na que figure o problema. O propietario da cafetería, ó igual có resto dos veciños, debe ser citado á xunta. Nela someterase a votación requirirlle ó propietario do local que repare a cambota e o aire acondicionado.
Se o acordo é negativo, calquera veciño pode presentar denuncia escrita no Rexistro Xeral do seu Concello, reclamando unha inspección municipal da cafetería e das súas instalacións, para determinar se cumpren ou non a normativa pertinente. Será a Administración local a que lle requira ó titular do local que realice as reparacións precisas se a inspección é negativa.
Un nivel de ruídos superior ó permitido por ordenanzas municipais afecta á habitabilidade das vivendas e os tribunais están condenando a quen xera estes ruídos a aboar indemnizacións polos danos e molestias que lles ocasionan ós demais. Por outra banda, neste caso a causa dos ruídos está no deficiente estado da cambota da cociña e do aire acondicionado, o que pode resultar, non só molesto, senón inseguro para a propia cafetería, os seus clientes e o inmoble no seu conxunto.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI