Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Máis ca un problema ambiental

O seu impacto non só ten relación co medio natural, repercute tamén nos sistemas sociais e económicos

  O termo desertización acuñouno en 1949 un silvicultor francés que traballaba en África occidental para describi-la destrucción gradual das fragas das zonas húmidas, adxacentes ó deserto do Sahara. Comprobou que a flora acababa desaparecendo e a área se facía cada vez máis desértica. Sen embargo, houbo que agardar ós comezos dos anos 70, cando máis de 200.000 persoas morreron de fame como consecuencia dunha gran seca na rexión localizada precisamente ó sur do Sahara, para que os organismos oficiais asumisen a necesidade inmediata de facerlle fronte ó fenómeno de maneira conxunta. Toucoulle pois á desertización o dubidoso honor de se-lo primeiro problema ambiental considerado de xeito global. Desde aquela, o seu risco é cada vez máis inminente e as solucións máis difíciles. A raíz da traxedia, en 1977 organizouse en Nairobi (Kenya) a Primeira Conferencia Internacional das Nacións Unidas para o Combate á Desertización onde se fixaron as liñas do Plan de Acción de Combate á Desertización ¿PACD-, que tiña como obxectivo desenvolver accións nun ámbito mundial. Poucas se concretaron e foi preciso agardar a que en 1994, trala celebración un ano antes da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente, a Asemblea Xeral, despois de 18 meses de traballo, aprobase os termos da Convención da ONU sobre o combate á Desertización. Entrou en vigor o 26 de decembro de 1996 e ratificárona 50 países, España entre eles. Hoxe son xa 100 países os que a aceptaron.

Afecta a todo o mundo

O primeiro punto do acordo recolle a definición de desertización ou desertificación, entendendo por esta a degradación da terra nas rexións áridas, semiáridas e sub-húmidas secas, resultante de varios factores, entre eles as variacións climáticas e as actividades humanas. Por degradación da terra compréndese a degradación dos solos, dos recursos hídricos, da vexetación e a reducción da calidade de vida das poboacións afectadas. En definitiva, ó que cumpría facerlle fronte é ós procesos que afectan ás terras secas de todo o mundo, procesos que inclúen a erosión pola auga e o vento, xunto coas sedimentacións producidas por ámbolos axentes, a diminución a longo prazo da diversidade da vexetación natural e a salinización.

Máis do 30% da superficie da Terra constitúeno áreas susceptibles á desertización. Nelas viven arredor de mil millóns de persoas, pero os máis prexudicados son os países de África, dalgunhas zonas de Asia do leste e do sur, e de Sudamérica. Aínda que en Europa a incidencia do proceso semella pouco importante e limitada ás áreas mediterráneas (Italia e España), norte do mar Caspio e Canarias, non se debe esquece-la súa presencia tamén en latitudes máis altas, debido fundamentalmente ó abuso de terreos destinados a cultivos intensivos e ó turismo. Hai que ter presente que os impactos non só teñen relación co medio natural, repercuten tamén nos sistemas sociais e económicos. Se ben as consecuencias ambientais corresponden á destrucción da fauna e flora, a reducción significativa da dispoñibilidade dos recursos hídricos (asesoramento de ríos e encoros), e deterioración física e química dos solos xera unha perda considerable da capacidade productiva, provocando cambios sociais (como as migracións) que desestructuran as familias e carrexan serios impactos nas zonas urbanas, para onde se desprazan as persoas na procura de mellores condicións de vida.

O home tamén provoca a desertización

Non se debe limitar, polo tanto, a perda de auga ós cambios climáticos, o xeito máis antigo de chegar á desertización dun terreo está ligado directamente á supervivencia dos pobos e provócaa o home. O chamado sobrepastoreo, é dicir, manter demasiado gando nunha superficie dedicada a pasteiros, orixina a perda de nutrientes e a erosión. Se se acurtan os períodos que as terras quedan en barbeito, é dicir, libres de todo cultivo ou se abusa do emprego de técnicas mecánicas que producen unha perda xeneralizada de solo, estaremos fronte a un futuro de terras infértiles e enxoitas. Tamén a corta excesiva de vexetación, para crear terras agrícolas e campas, pero sobre todo para destinala a leña, caracteriza as terras secas dos países en desenvolvemento e provoca que, en rexións enteiras (como o Sahel en África) os arredores das cidades carezan por completo de árbores. A salinización do solo, consecuencia directa do emprego de técnicas agrícolas rudimentarias e prácticas pouco apropiadas, unido á mala xestión dos programas de irrigación, é outra das causas directas da morte da terra. Todos estes factores son inherentes á presencia do home na Terra, pero no último século sumóuselle outra actividade humana altamente devastadora: o turismo, sobre todo a preparación urbanística destinada a aloxalo. Non é raro atopar en zonas cálidas complexos que ben semellan oasis no deserto. As augas, en moitas ocasións subterráneas, que a natureza destina a hectáreas canalízanse para servir a uns poucos metros cadrados, en claro detrimento das demais terras.

Na procura de solucións

Son numerosos os simposios e xuntanzas mundiais celebradas na última década na procura de accións que mitiguen as catastróficas consecuencias da desertización. As últimas conclusións admiten que, en xeral, se esperou demasiado das solucións técnicas ós problemas da desertización, e ó tomar conciencia diso, nos últimos puxéronse a punto novos enfoques para loitar contra a degradación das terras secas. Se nos anos 90 se escoitaron propostas de tipo "cintos verdes arredor dos desertos", hoxe en día faise fincapé na participación das comunidades locais, a reimplantación de estratexias tradicionais en tempos de fatiga ambiental, como a seca, e a toma de conciencia dos problemas que derivan da marxinación da poboación rural por parte dos gobernos, que adoitan te-la súa sede nas cidades. Trátase dun novo xeito de enfrontarse ó problema: considera-los factores non físicos á hora de favorece-lo uso sostible dos recursos das terras secas, non limitando as solucións a tratados teóricos e prácticas agroforestais. Estas medidas atenden a unha clásica reivindicación das organizacións ecoloxistas que reclaman que ó tempo que se realice un plan forestal ou de revexetación axeitado, e se controlen as prácticas agrícolas, se contemple o problema consonte ós intereses dos pobos que habitan nas terras áridas ou susceptibles de o seren en breve.

Pequenas accións dun consumidor

En temas relativos ó medio natural tan graves como a desertización o cidadán séntese afastado da posta en práctica de solucións. Tamén lles resultou difícil a diversas ONG a prol do Mediterráneo reunidas en Barcelona en novembro de 1998 concretar iniciativas para promove-lo desenvolvemento sostible do mare nostrum e tódalas súas costas. Na Declaración posterior ó cumio resumiron en dúas as accións prioritarias para loitar contra a desertización: a primeira, "aprobar antes do 2002 unha estratexia de loita contra a erosión e desertización a nivel de cada estado mediterráneo baseado no Convenio de loita contra a desertización e realizar programas a nivel rexional e local coa participación de tódolos sectores implicados, especialmente as ONG". A segunda instaba a conseguir que os plans de acción de loita contra a erosión e a desertización estean integrados no resto de programas: seguridade alimentaria e loita contra a pobreza, a xestión integrada da auga, a protección da diversidade biolóxica e o cambio climático. Pero máis próximas ó cidadán, amais das consabidas medidas a prol da Biodiversidade e a favor do medio natural interrelacionadas entre si e que buscan o desenvolvemento sostible, as organizacións ecoloxistas coinciden en sinalaren que as que afectan directamente a palia-la desertización pasan por un bo uso da auga e, sobre todo, por racionaliza-lo consumo de madeiras tropicais e exóticas, esixir na compra o certificado de que o artigo manufacturado con esas madeiras pasaron os controis esixidos pola Convención da ONU. Esta premisa, que en principio pode semellar remota, é a que relaciona máis directamente o mundo occidental co problema das grandes zonas en perigo de se converteren en desertos.

Artigos de Consumer relacionados:
Cara a un futuro transparente (outubro 99. Medio natural)
Efecto invernadoiro (novembro 99. Medio natural)
As árbores, un tesouro que cómpre preservar (maio 2000. Medio natural)
Humedais (outubro 2000. Medio natural)
Biodiversidade (xaneiro 2001. Medio natural)


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto