Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques de lecer: Boa oferta de lecer e servicios, pero deficientes en seguridade

Recomendacións para gozar no parque de lecer

  • Planee a súa visita con anterioridade: é moi doado perderse nun parque o primeiro día, polo que deixaremos de visitar moitas das súas atraccións. Conseguir con antelación folletos ou navegar pola súa páxina web axudaranos a facérmonos unha idea previa da oferta do parque.
  • Para evita-las colas, non acuda ó parque nos fins de semana.
  • Vista roupa cómoda, especialmente calzado axeitado para camiñadas e longas colas. Opte por prendas que sequen axiña ou leve roupa de reposto no coche ou nunha mochila impermeable, para protexer da auga todo o que garde dentro.
  • Almorce ben antes de acudir ó parque, deste xeito o estómago estará ben asentado no momento de gozar das atraccións máis axitadas. Ademais, poderá xantar un pouco máis tarde, e así evita-las aglomeracións que se forman ó mediodía nos restaurantes.
  • Merque as súas entradas anticipadamente, mediante Internet, axencias de viaxes ou hoteis da zona.
  • Consiga un plano nada máis entrar ó parque. Observe os horarios dos espectáculos que máis lle interesan e planifique o seu día. Se non desexa ver algún deles, aproveite ese momento para montar, case sen colas, nas atraccións máis solicitadas.
  • Non intente ver todo o parque nun día. Seleccione os espectáculos e atraccións que máis lle interesan e goce deles relaxadamente, pero non se obsesione con ver todo o parque nun día.
  • En moitos parques non se permite introducir comida ou bebida. Unha boa alternativa ós altos prezos dos seus establecementos hostaleiros é deixa-la comida ou bebida no coche, pero asegurándose sempre de poder entrar e saír do parque no mesmo día sen volver aboa-la entrada.

Porque máis vale previr...

  • Utilice cremas de protección para protexe-la súa pel, e asegúrese de que son resistentes á auga. Pense que vai botar moitas horas exposto ó perigoso sol do verán.
  • Protexa a cabeza de posibles insolacións. Empregue gorros, sombreiros ou puchas ben ventiladas.
  • Beba moito líquido. Nalgúns parques hai fontes preto das zonas de servicios, emprégueas como alternativa ós altos prezos das bebidas nesta clase de parques.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto