Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques de lecer: Boa oferta de lecer e servicios, pero deficientes en seguridade

Catro dos sete parques estudiados suspenden en seguridade e os outros tres aproban con só un "aceptable"

  Case sete millóns de persoas visitarán este ano os tres parques temáticos españois, Port Aventura (Tarragona), Illa Máxica (Sevilla) e Terra Mítica (Alacante). Este tipo de entretemento, no que tamén se poden incluí-los parques de atraccións e os acuáticos, xerou 35.735 millóns de pesetas en beneficios en 1999 e converteuse nun dos eixes do sector do lecer español: estímase que medrará un 35% este mesmo ano. Os parques temáticos, protagonistas da consolidación e crecemento deste sector, fixeron furor nos Estados Unidos nos 50, pero non chegaron ó noso país ata hai seis anos, coa inauguración de Port Aventura. Máis veteranos son os aquapark e parques de atraccións, que se viron beneficiados polo éxito dos parques temáticos: en 1999 incrementaron as súas ganancias un 10% con respecto ó ano anterior.

Este tipo de lecer familiar gaña cada vez máis adeptos e afiánzase como unha das opcións predilectas de diversión, especialmente entre os máis novos, pero desde a perspectiva do consumidor procede formularse algunhas preguntas: ¿cal é o estado dos nosos parques de lecer?, ¿é a súa oferta de atraccións e espectáculos suficientemente ampla e variada, tendo en conta que a entrada para un día custa nalgúns deles case 5.000 pesetas? E, considerando a curta idade de moitos dos seus usuarios e o ambiente de relaxación que propician estas instalacións creadas para o divertimento, ¿ofrecen garantías abondas de seguridade?

Técnicos de CONSUMER visitaron os tres parques temáticos do noso país (Port Aventura, Terra Mítica e Illa Máxica), dous de atraccións (Tibidabo e Parque de Atraccións de Madrid) e dous aquapark (Acuático de Mijas e Aqualandia de Benidorm) durante varios fins de semana entre finais de maio e comezos de xuño deste ano. Analizaron neles máis de 100 variables, adaptadas especificamente a cada tipo de recinto e determinadas en colaboración con expertos na xestión do lecer e en materia de seguridade de instalacións desta índole. As conclusións son dispares: destacan positivamente en servicios e mantemento (limpeza e conservación do parque e das atraccións, hixiene dos aseos e vestiarios, adaptación a persoas discapacitadas, asistencia sanitaria...), ofrecen unha satisfactoria e variada oferta de lecer e están ben organizados (número de atraccións e espectáculos, despacho de billetes, planos guía), pero detectáronse fallos de seguridade en todos eles, ata o punto de que catro dos sete parques suspenden e os outros tres aproban con só un "aceptable".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto