Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Gafas de sol, 20 mostras analizadas

Todas protexen, pero moitas omiten información obrigatoria e outras só serven para pouca luminosidade

  Todas cumpren os requisitos que impón a normativa, pero algunhas só son adecuadas para intensidades suaves de luminosidade solar.

Coa chegada do bo tempo, as gafas de sol convértense en case imprescindibles. O seu uso espállase cada vez máis, ó tempo que van adquirindo unha gran relevancia como un complemento máis suxeito ós vaivéns da moda. De feito, as empresas de óptica compiten hoxe coas propostas de afamados deseñadores de roupa, marcas de moda e boutiques e tendas de complementos, que presentan a súa propia liña de gafas de sol. Neste contexto, algúns usuarios antepoñen esta función estética e simbólica das gafas de sol ó seu cometido práctico que, malia a todo, segue sendo o principal: a protección dos nosos ollos fronte á radiación luminosa.

A lexislación europea considera as gafas de sol como equipamento de protección individual (EPI) e sométeas a unha normativa que establece esixencias de calidade que deben cumprir para incorporaren a marca CE. A idea esencial sobre a que xira esta lexislación comunitaria é que unha gafa de sol debe protexer eficazmente contra as radiacións nocivas procedentes do sol sen que iso afecte negativamente á apreciación das cores e ó contraste da imaxe por parte do usuario.

Obviamente, o criterio clave para atinar na elección dunhas gafas de sol é o emprego ó que se vai destinar. E os factores fundamentais que o determinan son o filtro de protección e a cor do cristal, directamente relacionados coa intensidade luminosa e o tipo de radiación que chegará ós ollos do usuario. Outros elementos de decisión (deixando á parte os puramente estéticos, completamente subxectivos) son o deseño da montura, que non debe ser demasiado pequena (por implicar lentes de tamaño pequeno) nin quedar separada do rostro, xa que aumentaría a absorción da radiación ultravioleta ó engadirse a procedente dos laterais. Pero hai outras cuestións que definen a calidade das gafas de sol, e en xeral de calquera gafa, como a resistencia da montura, o seu deseño ou os materiais da montura.

As funcións básicas destas gafas son amorteceren parcialmente a intensidade luminosa, protexeren contra a radiación ultravioleta e diminuíren o efecto cegador. Estas son algunhas das variables estudiadas por CONSUMER na súa análise de 20 gafas de sol, adquiridas en tendas de óptica e boutiques de roupa e complementos. A diferencia de prezos entre as mostras analizadas foi enorme. As máis económicas foron os modelos de Base (1.500 pesetas) Springfield (2.490 pesetas), Jota (2.780 pesetas), Fosco e ZA Accesories (3.995 pesetas), as cinco adquiridas en tendas de roupa e complementos. As máis caras foron Oakley (27.700 pesetas), Gucci (24.500 pesetas) e Giorgio Armani (20.020 pesetas). O custo medio foi dunhas 11.000 pesetas. Neklot, MS F Basic, West, SunGeart Sport, Massimo Dutti, Dirty Dog e Police custan menos cá media e os modelos estudiados de Persol, Carrera, Ray Ban, Diesel e Eassun sitúanse por riba das 11.000 pesetas.

Comparouse a información técnica que lle proporcionan ó consumidor as súas etiquetas, a calidade de visión que ofrecen, a protección que conseguen fronte á radiación solar, o estado das lentes e a súa resistencia ante a inflamabilidade, a radiación, as posibles caídas, golpes e rozamentos.

A normativa, como se adiantou, ten en conta unha serie de niveis máximos ou mínimos, de obrigado cumprimento para que a gafa poida incorpora-la marca CE, que tódalas mostras levan.

Conclusións

Só o 15% destas gafas de sol incorporan garantía (non obrigatoria neste producto) e no 55% delas falta información que a normativa define como obrigatoria. Tan só os modelos de Ray Ban, Persol, Dirty Dog, Oakley e Giorgio Armani (todos custan 10.000 pesetas ou máis) eran correctos en información ó consumidor, aínda que en Oakley e Giorgio Armani se anotaron discrepancias na categoría de filtro declarada e a determinada por CONSUMER no laboratorio.

A normativa establece cinco categorías de filtro segundo a porcentaxe de luminosidade que transmite a lente. Once das vinte mostras presentaban un filtro de categoría 3, o que equivale a unha protección elevada, indicada para situacións de luminosidade forte, como o sol da praia ó mediodía. Houbo tamén lentes de categoría 1 (mínima protección, para días semianubrados), 2 (sol suave) e 4 (máxima protección, para esquí, montaña e mar...), pero ningunha da categoría 0 (interiores e ceo cuberto). A transmisión no ultravioleta, tanto no rango completo, coma nos raios UVA e UVB foi moi baixa e acorde en tódolos casos ás directrices legais. Oakley é a que máis amortece a transmisión da radiación visible (6%), ó contrario ca Fosco (71%). Por outra banda, dez mostras superaron unha transmisión no infravermello do 80%, de menor relevancia para a nosa visión en canto á súa procedencia do sol. Base e Fosco proporcionaron a menor protección fronte ó cegamento provocado pola luz azul (arredor do 70% de transmisión).

Xa que a protección da lente é conforme á norma en tódolos casos, quen busca prestacións correctas neste apartado pode optar polas máis baratas deste comparativo, Base UV 400 Protection, que resultan adecuadas para unha luminosidade solar moderada e custan só 1.500 pesetas, se ben non traen estoxo para conservalas ó abeiro de golpes ou rozamentos.

Se o usuario quere unhas gafas que proporcionen a información técnica que a normativa esixe, a mostra máis económica que cumpre este importante e obrigatorio requisito é MS F Basic, que custa 5.400 pesetas e é adecuada para luminosidade solar media. Para quen busca gafas que sirvan para situacións de luminosidade forte e asemade desexa unha información satisfactoria sobre o producto, a alternativa máis interesante é Massimo Dutti 7000 690 500, que custa 7.985 pesetas.

Por outra banda, a calidade de visión das gafas de sol depende en boa parte da fidelidade cromática ou ausencia de distorsión na percepción das cores. É correcta en tódalas mostras, e só o modelo de Springfield se achega, pero sen superalo, ó límite do coeficiente de atenuación visual relativa para a cor verde, un índice matemático que informa da distorsión, e que é importante, neste caso, para distingui-la cor verde dos semáforos.

Ademais, as gafas de sol para usuarios sen problemas de visión deben ser opticamente neutras, non deben estar graduadas. Jota presentou unha lixeira potencia óptica (+0,12), pero inferior á admitida. Por outra banda, burbullas, estrías, raias e outros defectos na masa ou na superficie da lente prexudican a calidade da visión. Na análise só se detectaron raias superficiais nunha das dúas lentes de cinco gafas.

Non todo é a protección fronte á luz

A norma establece tamén uns parámetros mínimos de resistencia mecánica e ó impacto, así como á inflamabilidade e á radiación, que determinarán a durabilidade e avellentamento das gafas. Tódalas mostras presentaron un comportamento satisfactorio neste importante apartado.

A maioría das lentes foron de cor verde, que se considera óptima pola súa fidelidade cromática e o seu comportamento en ambientes de moita luminosidade.

Polo tanto, pódese concluír que as 20 gafas de sol estudiadas cumpren satisfactoriamente o seu cometido e as normas de calidade que a lexislación establece e que será o uso ó que se pensen destinar e os aspectos non estudiados (materiais da montura, calidade do deseño...) e outros máis subxectivos (relacionados con aspectos estéticos e de moda) os que, en boa lóxica, inclinarán a balanza a favor dunha ou outra.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto