Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Unha axencia de viaxes indemniza a un cliente pola falta de calidade da habitación dun hotel

Un usuario concertou cunha axencia de viaxes unha viaxe ás Canarias organizado por un vendedor por xunto. No hotel previsto aloxouse en dúas habitacións que non respondían ás prestacións contratadas. Ante as protestas do cliente, o director do hotel facilitoulle, pasados tres días, outras habitacións e ofertoulle en compensación que o resto da estancia a fixese en réxime de pensión completa, ó que o cliente se negou. Demandou á axencia de viaxes e solicitou unha indemnización de cen mil pesetas, que lle foi concedida polo Tribunal de Primeira Instancia.

A axencia de viaxes apelou a sentencia ante a Audiencia de Biscaia, e esta, con data do 22 de xaneiro do 2001, confirmouna. Segundo a Audiencia, tratábase dunha viaxe combinada no sentido establecido polo artigo 2 da Lei 21/95 do 6 xullo sobre viaxes combinadas, e o cumprimento da obriga do hotel foi defectuoso. Sobre se a responsabilidade é solidaria ou mancomunada entre a axencia de viaxes e a de venda por xunto, a Audiencia estima que se debe aplica-lo artigo 11.2 da devandita lei. Esta normativa establece que os organizadores e detallistas de viaxes combinadas responderán dos danos sufridos polo consumidor como consecuencia da non execución ou execución deficiente do contrato. Engade que se non fose así, o usuario veríase obrigado a unha peregrinación na procura de responsabilidades dos organizadores.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto