Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha parella hospedouse nun hotel e gardou os seus obxectos de valor e xoias na caixa de seguridade da habitación, de onde foron roubados. Demandaron ó hotel e reclamaron o valor dos obxectos roubados, 1.335.000 pesetas. No xuízo acreditouse que o hotel dispuña de vixilantes de seguridade día e noite e de cámaras de televisión de circuíto pechado nas zonas públicas do edificio. Tamén quedou probado que o hotel lles notificaba ós clientes a existencia dunha caixa forte en recepción, polo que non se responsabilizaba dos obxectos non gardados alí. Este aviso efectuábase a través da televisión que había en tódalas habitacións e que, de maneira automática, funcionaba ó entraren nela os clientes.
Por todo iso, a Audiencia de Valencia, en sentencia do 13 de decembro do 2000, desestimou o recurso e condenou os demandantes ás custas. Para a Audiencia, o depósito dos efectos dos viaxeiros recóllese no contrato de hospedaxe, regulado nos artigos 1783 e 1784 do Código Civil. Segundo estes artigos, para que a responsabilidade sexa do hotel os viaxeiros deben dar a coñecer ó hotel os obxectos gardados e segui-las prevencións do establecemento sobre coidado e vixilancia de efectos persoais. Pero ningún destes requisitos foi cumprido polos viaxeiros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI