Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os danos nunha vivenda alugada son descontables da fianza do contrato de arrendamento

Teño unha vivenda alugada e os inquilinos abandónana antes de remata-lo contrato, polo que eu non reclamo cantidade ningunha, pero eles esíxenme a devolución íntegra da fianza. A vivenda deixárona moi porca e con algunhas paredes con pintadas de neno e rozaduras. ¿Teñen dereito á devolución da fianza ou podo presentárlle-los orzamentos do pintor e da empresa de limpeza e deducirlles esa cantidade? ¿Que debo facer?

A devolución da fianza é obrigatoria, ó remata-lo contrato, no prazo dun mes desde a entrega das chaves polo inquilino, unha vez pagadas tódalas rendas e comprobada a inexistencia de danos.

Se hai danos na vivenda, o arrendador pode resta-la cantidade correspondente para repara-los danos. Para iso, o caseiro debe achega-lo orzamento dos gastos precisos para repoñe-la vivenda ó seu orixinal estado de conservación e tratar de alcanzar un acordo co inquilino sobre a cantidade que se debe reter e devolve-lo resto, deixando constancia escrita asinada por ámbalas partes.

No caso de que o inquilino esixa a restitución íntegra da fianza, o arrendatario debe informalo por escrito (carta certificada con xustificante de recibimento ou mellor telegrama) de que ten á súa disposición o saldo resultante de deducirlle á fianza os gastos da reparación dos danos.

A lei tamén sinala que a fianza que se lle debe devolver ó arrendatario reportará o xuro legal se, transcorrido un mes desde a entrega das chaves, non se aboou. Pero os intereses só corresponderán ó saldo que resulte despois de desconta-las cantidades debidas ó arrendador por cotas non pagas ou danos no inmoble. Por iso, se hai que descontar algunha cantidade da fianza, os intereses comezarían a correr a partir do día no que se coñece o saldo definitivo, é dicir, desde a data da liquidación da contía que hai que restituír.

Por outra banda, para desistir dun contrato de alugueiro sometido á lei de 1994 os inquilinos deben notificar de maneira que faga fe a súa intención de non prorroga-lo contrato cun mes de antelación. A ausencia deste requisito implica a prórroga automática do contrato. Se o inquilino decidise abandona-la vivenda sen notificalo dentro dos prazos legais, o arrendador pódelle esixi-lo pagamento dunha indemnización que podería ser equivalente á suma das doce rendas mensuais, e isto tería os seus efectos en canto á obriga ou non de restituí-la fianza.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto