Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Ónde reclamar en caso de accidente de esquí

Quero facerlles unha pregunta á que non lle acabo de atopar resposta. Nun curso de esquí, en caso de accidente, ¿a quen lle podería reclama-los gastos médicos e unha posible indemnización?

  O esquí está considerado un deporte de risco e as caídas con resultado de lesións son posibilidades asumidas por quen practica esta actividade. Do mesmo xeito, as escolas, os guías e monitores de esquí deben ter moi presentes as medidas de seguridade, porque quen crea unha fonte de risco ten o deber xurídico de adoptar tódalas disposicións precisas para evita-los perigos.

A responsabilidade dos accidentes de esquí (a quén e qué reclamar) depende das circunstancias de cada caso. Se o incidente ou caída se debe ó risco que asume a persoa que decide practicar esa actividade, poderá dirixirse á compañía de seguros, no caso de que dispoña de cobertura aseguradora, para que lle cubra os gastos médicos (e, de habelos, outros danos como días de baixa, secuelas, etc.) en función dos riscos que inclúa a póliza.

Tamén pode haber responsabilidade das escolas de esquí e do monitor, ou das estacións de esquí pola inseguridade das instalacións ou polo mal funcionamento dos seus remontes (telesquí, telecadeiras, telecabinas), ou por omisión de protección, balizamento de pistas, peche das mesmas, etc. Ou unha concorrencia de culpas entre as distintas partes implicadas, incluíndo a víctima.

Se se produce un accidente nun curso de esquí con resultado de lesións físicas, cómpre presenta-la reclamación de perdas e danos contra a escola e, se é o caso, tamén contra o monitor e a propia estación (se a causa do accidente son as deficiencias, imprudencias e neglixencias da organización do curso ou do monitor), e/ou contra a estación de esquí (se o accidente se achaca á inseguridade ou deficiente estado das instalacións e servicios).



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto