Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha batalla cotiá que podemos e debemos gañar
A palabra stress comezou a usarse en Física, e non foi ata os anos trinta cando Hans Seyle comezou a empregala para referirse ás circunstancias e acontecementos que inflúen sobre unha persoa e producen reaccións nela. O estrés é un fenómeno fisiolóxico normal, é a resposta que emite un organismo ante estímulos percibidos como ameazantes. Por iso, o bo estrés é positivo: axuda a aturar situacións esixentes e a reaccionar ante as demandas do medio. O estrés negativo ou distrés aparece cando o organismo non é capaz de adaptarse á situación, de dar respostas axeitadas ás demandas do contorno. Prodúcese unha activación e ansiedade desmesurada, acompañada de incapacidade para centrarse eficazmente nas tarefas. O malabarista executa as súas manobras con tres bólas, despois con catro, máis tarde con cinco; pero ó incorpora-la sexta, caen tódalas bólas, non só a sexta.
As persoas teñen unha limitada capacidade de traballo e de resposta ás situacións. Cando se nos esixe máis do que somos capaces de responder nese momento, podémonos bloquear de tal xeito que non poidamos realizar tarefas sinxelas que a penas representaban dificultade. Para responder ás esixencias cotiás e ás situacións extraordinarias precisamos un certo grao de activación, de tensión. Se non é abondo, non responderemos ben, pero se a tensión é excesiva, podemos quedar incapacitados para responder.
O estrés non aparece de súpeto, considérase que existen tres fases.
Non só ten repercusións psicolóxicas, tamén lle afecta ó noso estado de saúde física:
Cando xorden estes síntomas "funcionais" (sen causa orgánica aparente) prodúcese unha retroalimentación negativa que activa outra vez os procesos biolóxicos de alarma e redobra a sintomatoloxía.
Cando os síntomas do estrés comezan a prexudica-la nosa calidade de vida causando sufrimento psicolóxico, irritabilidade, descenso do rendemento laboral, dificultades de concentración, insomnio ou visión pesimista da realidade, cómpre recorrer a axuda especializada.
Non se pode fuxir permanentemente das situacións que producen estrés. Algunha vez hai que afrontalas, e para iso dispoñemos de ferramentas que serán válidas se se aplican da man de profesionais cualificados. Vexamos algunhas:
Se a suma das cifras que figuran neste cadro supera 150 nun ano, a persoa ten unha probabilidade do 50% de padecer estrés. Se é maior de 300, chega ó 90%.
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI