Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Viaxes combinadas: As condicións que figuran no contrato de viaxe, a clave para esixir

Para evitar problemas, o eficaz é planifica-las vacacións e coñece-los nosos dereitos en caso de que a axencia incumpra as condicións fixadas no contrato

  Segundo datos da Compañía Europea de Seguros, 325.000 dos once millóns de españois que comezaron as súas vacacións en xullo do ano pasado sufriron modificacións nos seus voos o pasado ano. Os danos e perdas da equipaxe tamén están á orde do día e poden converterse en protagonistas das nosas vacacións.

Outro foco de problemas constitúeo o servicio das axencias de viaxes, que cada ano son obxecto de milleiros de reclamacións debido á publicidade enganosa, ó incumprimento de servicios... E é que o sector é moi complexo e a casuística dos problemas que poden xurdir durante as vacacións organizadas polas axencias é amplísima. Pero tamén os usuarios teñen a súa parte de responsabilidade: o descoñecemento dos dereitos que asisten ó consumidor na contratación de viaxes e dos prazos e vías de reclamación, o culto á improvisación unido ó hábito de pospoñe-la preparación das vacacións ata o último momento, constitúen tamén parte do problema.

CONSUMER, neste informe baseado na Lei de Viaxes Combinadas de 1995, ofrece respostas ás dúbidas que xorden cando contratamos unha viaxe nunha axencia, incluíndo o que deben incluí-los folletos informativos e os contratos, cómo reclamar en caso de modificacións nas tarifas ou cómo renunciar a unha viaxe se xorden imprevistos unha vez aboado o correspondente anticipo.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto