Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Solarios: O abuso e unha utilización incorrecta entraña riscos serioss

Lucir un corpo bronceado converteuse hoxe en día case nunha obriga estética e en toda unha carta de presentación ante os demais

 Os canons de beleza actuais impoñen os tons dourados na pel en calquera estación, e o único xeito de mante-lo moreno durante todo o ano é recorrer a medios artificiais como o solario. Os amplos horarios de apertura dos centros de bronceado -algúns abren as súas portas mesmo os domingos- e uns prezos económicos -un bono de 12 sesións custa unhas 5.000 pesetas- incrementaron notablemente a demanda deste tipo de servicios, e hoxe en día todo bo salón de peiteado, de beleza ou ximnasio incorpora lámpadas de raios UVA, prometendo un bronceado rápido e inofensivo.

Sen embargo, as radiacións UVA artificiais non son tan inocentes como semellan se non se realiza un correcto emprego dos solarios. Amais de manchas na pel e cataratas precoces, o exceso de raios UVA -lembremos que a pel ten memoria- pode provocar efectos moito máis graves. Hai expertos dermatólogos que mesmo relacionan os raios UVA co cancro. Non se trata de crear falsa alarma, pero devén fundamental que o emprego de raios UVA se realice de maneira responsable, sen abusar deles e en centros con persoal cualificado.

Cómo actúan os raios UVA

A acción das camas solares é o resultado dunha complexa tecnoloxía que consiste, grosso modo, en filtra-los raios B, responsables tradicionalmente da formación de distintos tipos de cancro cutáneo, de xeito que a pel só estaría exposta á radiación ultravioleta A, a cal, en teoría, provoca avellentamento cutáneo pero non problemas de saúde. Pero só na teoría, xa que os especialistas insisten en que os raios UVA están directamente relacionados coas alteracións do ADN celular, reaccións fotoalérxicas e fototóxicas, lesións actínicas (precursoras de lesións tumorais), o avellentamento prematuro da pel e a aparición de cataratas.

O doutor Carlos Guillem, presidente da Academia Valenciana de Dermatoloxía non dubidou en declarar a CONSUMER que os raios UVA son un perigo para a pel. Este especialista, que desenvolve o seu labor no Instituto Valenciano de Oncoloxía (IVO), considera que estar moreno supón máis un inconveniente ca unha vantaxe, "os raios ultravioleta danan a nosa pel porque a atravesan afectando ás células vivas da pel, inflamándoas e producindo a coñecida queimadura solar. Nun esforzo por evita-lo futuro dano, a pel xera pigmentos (a melanina), dándolle un aspecto bronceado. Pero o dano acumúlase ano tras ano, bronceado tras bronceado. Os efectos máis graves tenden a aparecer a longo prazo e por iso aínda son moitos os españois que non ven relación ningunha entre o binomio Raios UVA-Cancro".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto