Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Espárragos en lata: O prezo e a orixe non inflúen moito na calidade

Analizáronse 8 mostras de espárragos brancos enteiros calibre "Groso" e categoría Extra en lata de 250 gramos de peso escorrido

Unha por unha, oito latas de espárragos brancos enteiros Grosos Extra

Gigante VerdeGigante VerdeGigante Verde

  • Saen a 1.344 pta o quilo escorrido, son os máis baratos. E a mellor relación calidade-prezo.
  • Orixe: Perú. Calibre: os máis grosos, cun 92% de calibre superior e un 8% de grosos. Fibrosos, ningún.
  • Na cata: 6,4 puntos. Os peor valorados, pero cunha boa puntuación.

Dantza

  • Saen a 1.956 pta o quilo escorrido. Unha opción interesante.
  • D.O. "Espárragos de Navarra".
  • Calibre: 72% superior e 28% grosos. Fibrosos, ningún.
  • Na cata: 6,8 puntos, a segunda mellor. As súas características mellor valoradas: sabor e sabor residual.

J. Vela

  • Saen a 1.976 pta o quilo escorrido.
  • D.O. "Espárrago de Navarra". Calibre: 48% superior e 52% grosos. Fibrosos, o 10%, pero dentro da norma para a categoría Extra.
  • Na cata: 6,6 puntos. Destacan a súa boa cor, forma e fibrosidade.

C. Lodosa

  • Saen a 1.860 pta o quilo escorrido.
  • Son os máis baratos da D.O "Espárragos de Navarra".
  • Calibre: 12% superior e 88% grosos. Fibrosos: 9,5%, dentro da norma.
  • Na cata: 6,7 puntos. A cor, a súa característica mellor valorada.

Bajamar

  • Saen a 2.036 pta o quilo escorrido, os segundos máis caros.
  • D.O. "Espárrago de Navarra". Calibre: 73% superior e 27% grosos.
  • Fibrosos, o 17%, pero dentro da norma.
  • Na cata: 6,7 puntos. Destaca o seu sabor.

Kumix

  • Saen a 1.996 pta o quilo escorrido.
  • Son "Producto de España". Calibre: 64% superior e 36% grosos.
  • Fibrosos, 19%, pero non chega ó 20% fixado como máximo para a categoría Extra.
  • Na cata: os mellores: 7,1 puntos.

Cidacos

  • Saen a 1.796 pta o quilo escorrido, os segundos máis baratos.
  • Orixe: A China. Calibre: 56% superior e 44% grosos.
  • Espárragos fibrosos: o 25%, por riba do 20% establecido como máximo para a categoría Extra. Polo tanto, esta mostra era só Primeira.
  • Na cata: 6,6 puntos.

El Navarrico

  • Saen a 2.116 pta o quilo escorrido. Os máis caros.
  • 1D.O. "Espárrago de Navarra". Por moi pouco, demasiados (5,3%) espárragos de inferior calibre ó declarado. Por iso, esta mostra era só Primeira. Moi poucos (2%) fibrosos.
  • Única mostra con espárragos defectuosos (un, roto), pero conforme á norma.
  • Na cata: 6,6 puntos.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto