Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un promotor-vendedor puxo en venda unhas vivendas que incluían, segundo o proxecto, unha piscina comunitaria. Resultou que os terreos onde debía emprazarse a piscina eran de dominio público, polo que a s uacute;a construcción era imposible. Os compradores das vivendas, a través da comunidade de propietarios, presentaron unha demanda reclamando unha indemnización polo incumprimento do vendedor.
Para o Tribunal Supremo, o vendedor ofertou a piscina xunto coas vivendas, e o feito de que o cumprimento fose imposible polo carácter público dos terreos non o escusaba do deber de indemniza-los compradores. Ningunha culpa había nos compradores, e si no vendedor, que, cando menos, debeu asegurarse da posibilidade de cumpri-lo que prometía, compromiso que sen dúbida debeu influír no prezo das vivendas e na facilidade de venda. Con estes argumentos, condena o vendedor na sentencia do 22 de novembro do 2000 a indemniza-los compradores, así como a sufraga-las custas do litixio.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI