Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
En xuño de 1997, tres mestres dunha escola acompañaron como responsables do seu coidado a 57 alumnos da EXB a unha excursión á praia. O estado do mar non era tranquilo e algúns dos menores non sabían nadar. Aínda así, varios nenos se bañaron e, debido á falta de vixilancia dos mestres, dous deles tiveron que ser rescatados da auga e reanimados por terceiras persoas. Os docentes apareceron cando xa se estaba auxiliando ós dous nenos, e un deles faleceu por asfixia.
A Audiencia Provincial de Barcelona condenou os tres mestres, como responsables dun delicto de homicidio imprudente, ás penas dun ano de prisión e inhabilitación por igual tempo para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo. Recorreron ó Tribunal Supremo, que confirmou o 1 de decembro do 2000 a sentencia. Explica o Supremo que a omisión de vixilancia dos tres acusados determinou o falecemento do menor, e que a pesar do mal estado do mar e de que algúns nenos non sabían nadar, os mestres limitáronse a organiza-la actividade dos estudiantes, pero non observaron se todos seguían as súas instruccións.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI