Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha comunidade de propietarios demandou a empresa inmobiliaria dona do edificio contiguo polos ruídos producidos polas obras e polas fendas e regañas ocasionadas nas súas vivendas.
Acreditaron no litixio que formularan diversas denuncias ante os organismos administrativos correspondentes, e que se levaron a cabo inspeccións técnicas que determinaban que os niveis sonoros eran molestos, excesivos e incumprían a Ordenanza Municipal correspondente sobre Protección do Medio Natural.
Na sentencia do 20 de novembro do 2000, a Audiencia de Madrid outórgalle a razón á comunidade de propietarios, xa que considera que as intromisións ambientais na esfera privada afectan ó benestar da persoa, poden implicar unha lesión, e vulneran o dereito á intimidade persoal e familiar que protexe o Convenio de Roma e o artigo 18.1 da Constitución. Por todo iso, condena a empresa responsable das obras a indemnizar polos danos materiais e polos derivados dos ruídos, que, atendendo ó tempo de duración dos ruídos excesivos e ós horarios diarios destes, se valoran en 2.012.000 pesetas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI