Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai uns meses encargámoslle a unha inmobiliaria a venda do noso piso. Viñeron ve-la vivenda e asinámo-lo encargo da venda, no que constaban os seus honorarios como unha porcentaxe do prezo de venda. Finalmente, a través duns amigos, contactamos cunha parella interesada no piso e vendémosllo directamente. Chamamos á inmobiliaria para advertir de que o piso xa estaba vendido, e agora reclámanno-la súa comisión porque din que o encargo de venda era exclusivo.
O pacto de venda en exclusiva dunha vivenda vincula ó propietario con respecto a outras inmobiliarias, pero o propietario da vivenda segue conservando o seu dereito a realiza-la venda pola súa conta, segundo a sentencia da Audiencia Provincial de Salamanca do 29 de setembro de 1998. A reclamación da inmobiliaria só podería prosperar se o propietario vendese a súa vivenda persoalmente pero beneficiándose das xestións realizadas con anterioridade pola inmobiliaria. Sen embargo, este non é o caso, xa que a venda se realizou a través de contactos persoais de amizade.
Neste caso, os donos da vivenda deben indicarlle á inmobiliaria que o pacto de exclusiva non foi vulnerado coa venda directamente xestionada por eles, xa que non renunciaran ós seus dereitos a realizaren a compravenda eles mesmos. Se o asunto non se resolve, sería conveniente contrata-los servicios dun avogado. Cómpre lembrar que o contrato ou pacto entre un axente da propiedade inmobiliaria e o dono dun piso é un contrato de mediación de corretaxe: o axente cobra unha comisión por poñe-lo propietario en contacto con outra persoa interesada na compra para que as dúas contraten entre si, e o dereito ó cobro da comisión depende de que o contrato teña lugar. Os servicios dos axentes da propiedade inmobiliaria deben ser retribuídos tanto se a compravenda se realiza coa súa intervención inmediata coma sen ela, pero sempre que o propietario se beneficiara das xestións previas da inmobiliaria para efectua-la compravenda directamente, segundo recolle a sentencia do 10 de maio de 1999 da Audiencia Provincial de Alacante.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI