Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

consumaseguridad.com: Información moi práctica para reducir ó mínimo o risco que pode entraña-lo consumo de alimentos

"Os consumidores intentan asumir que, en alimentación, o risco cero non existe"

Os consumidores intentan asumir que, en alimentación, o risco cero non existe". Así de rotunda comeza a reportaxe Carnes con DNI, un dos cen novos elementos que cada mes engade ás súas páxinas o xornal en Internet consumaseguridad.com que aspira a se converter en referencia nacional na información sobre seguridade alimentaria.

Precisamente porque á hora de comer o risco (por ínfimo que sexa) sempre está presente, o consumidor precisa ter á man información veraz e clara sobre a calidade sanitaria dos alimentos que inxire e sobre as estratexias (como a limpeza axeitada dos utensilios de cociña ou o estricto mantemento da cadea de frío na conservación dos alimentos) que lle axuden a reducir á mínima expresión a posibilidade de contraer unha toxiinfección alimentaria.

Sen dúbida, as dúas últimas crises alimentarias (vacas tolas e febre aftosa) xeraron inquietude e mesmo unha alarma desproporcionada entre os consumidores. A información clara e rigorosa é, na opinión dos responsables de consumaseguridad.com a ferramenta máis poderosa e útil para que esta percepción negativa sen matices sobre o consumo de alimentos se converta nunha precaución intelixente e práctica para a vida cotiá. Ese é o camiño para que os consumidores estean confiados en que adquiren e manipulan os alimentos do xeito máis seguro posible. Hispacoop, Confederación Española de Cooperativas de Consumidores, puxo en marcha consumaseguridad.com, un portal de Internet actualizado a cotío que conta co patrocinio do Ministerio de Sanidade e Consumo.

Un punto de encontro

A tarefa que ten por diante o amplo equipo de profesionais que traballa neste sitio web é ambiciosa: aspira a converterse nun punto de encontro para investigadores, veterinarios, mestres, gandeiros, labregos, carniceiros, xornalistas, técnicos de consumo e estudiantes que precisan documentación e información sobre esta realidade tan específica, a da seguridade alimentaria. Pero, ó mesmo tempo, ten en conta ós consumidores que desexan informarse de maneira clara e directa, e proporciónalles explicacións comprensibles e doadas de poñer en práctica para melloraren os seus hábitos no consumo e manipulación de alimentos. Trátase de non aburrir ós expertos con temas excesivamente básicos e, ó mesmo tempo, ofrecerlles esa información esencial ós consumidores que desexan permanecer informados.

Para iso, Hispacoop conta cun amplo grupo de xornalistas especializados en temas científicos e de consumo, investigadores especializados no estado e control microbiolóxico dos alimentos, xuristas expertos en dereito do producto, directivos de asociacións de consumidores, profesores universitarios e técnicos en Internet. Entre todos confeccionan, cada día, un producto informativoexclusivamente realizado para Internet e que mantén o equilibrio entre a actualidade das Novas diarias coa información máis profunda e sosegada das Reportaxes, Análises e Especiais.

Este sitio web loce un deseño sinxelo e áxil. Desde a mesma portada o internauta pode, dunha ollada, acceder ás informacións que máis lle interesan. Dentro do web hai unha portada individual para cada un dos catro bloques temáticos (as dúas crises das que máis se fala, a seguridade do producto segundo a normativa legal, os riscos segundo os alimentos e os riscos segundo os axentes patóxenos) para que o usuario poida entrar directamente a unha información moito máis especializada sobre cada asunto. A navegación, en todo momento, é transversal: ofrécense tódalas facilidades para que mentres se lea unha información poidan verse outras informacións relacionadas co tema tratado, ben sexan análises, noticias, reportaxes, especiais ou enlaces a páxinas web distintas de consumaseguridad.com que tamén se ocupan da materia que lle interesa ó internauta. O obxectivo é acadar que o navegante atope toda a información que desexe, sen máis límite cá súa propia curiosidade.

¿Por que só en Internet?

  A Rede ofrece posibilidades que nas edicións impresas de revistas ou xornais resultan quiméricas. Nun ámbito en constante cambio como a seguridade alimentaria, te-la posibilidade de actualizar todos e cada un dos elementos que compoñen a web permite ter un producto que sempre responda ás necesidades do público e que evita o maior perigo dunha obra destas características: quedar desfasado e perder utilidade. As calidades interactivas de Internet tamén se plasman nesta web. Diversos foros e enquisas permiten que consumaseguridad.com sexa moito máis ca un sitio no que os usuarios non teñen máis opción que percorreren as diversas páxinas que o compoñen. Esta web é un verdadeiro punto de encontro para tódolos profesionais, estudiantes e consumidores interesados na seguridade dos alimentos. Preguntas como "¿Comer hoxe en día entraña máis risco ca en épocas anteriores?" avivan a polémica e motivan ós visitantes a dialogaren entre si. O xeito máis sinxelo de estar informado de tódalas novas que xera no noso país e no resto do mundo a seguridade alimentaria é subscribirse ó Boletín electrónico gratuíto de consumaseguridad.com que cada semana se envía ó correo electrónico dos internautas que o soliciten. Ademais, se o internauta desexa completa-la información que recibiu por correo electrónico, ten a posibilidade de acceder directamente ó sitio-web desde ese mesmo boletín e navegar entre informacións relacionadas.

As dúas crises das que máis se fala Hoxe, as vacas tolas e a febre aftosa son os temas máis recorrentes nos medios de comunicación. Pouco importa que a febre aftosa non teña relevancia sanitaria ningunha nos consumidores, xa que os científicos demostraron que a inxesta de carne contaminada por aftosa non é, en ningún caso, daniña para o ser humano. Nas dúas crises das que máis se fala explícanse estes e moitos outros termos que non por moi repetidos son mellor coñecidos. Porque, ¿quen sabe o que é en realidade un prión?

A seguridade do producto, segundo a normativa legal Para o cidadán é básico coñecer, cando menos por riba, os dereitos que o asisten como consumidor de alimentos. Saber delimitar a quén lle corresponde en principio a responsabilidade dunha toxiinfección alimentaria ou coñecer qué información debe proporciona-la etiqueta dun producto fresco envasado, axúdanos a tomar mellor as decisións de compra ou a actuar axeitadamente cando xurda un problema de seguridade alimentaria. Non se trata só de ofrece-los textos legais, senón de analizalos no seu contexto e de explica-las diversas circunstancias que se poden producir para que os consumidores poidan familiarizarse con este aparentemente árido tema do dereito á seguridade do producto.

Riscos, segundo os alimentos Cada tipo de alimento é un mundo. Por iso, en consumaseguridad.com inclúense explicacións sobre a relación que moitos deles teñen coa seguridade alimentaria. O peixe, a carne, os ovos, o leite, as froitas, os cereais... teñen peculiaridades que cómpre coñecer para manipulalos do xeito óptimo. Así, por exemplo, un pode descubrir que as froitas precisan moi poucos coidados para que, practicamente, desaparezan os riscos, ou que os ovos e derivados son, aínda hoxe, un dos grupos de alimentos que máis riscos presentan.

Os riscos, segundo os axentes patóxenos Os diferentes elementos microbiolóxicos e as substancias que provocan as toxiinfeccións alimentarias teñen nomes que, en moitos casos, resultan bastante máis coñecidos cós seus efectos. ¿Que é en realidade a salmonela?, ¿onde habita?, ¿como se pode evitar? Coñecer cómo actúan os microorganismos dos alimentos que poden causar problemas sanitarios axuda ó consumidor a previlos, xa que, na maioría dos casos, para rematar co risco que supoñen é abondo con aplicar sinxelas medidas de hixiene e manipulación. E é que, por moita crise alimentaria nova que inunde a actualidade, cómpre non esquecermos que a maior parte das toxiinfeccións alimentarias que acontecen no noso país residen aínda nas maionesas en mal estado e nas tortillas contaminadas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto