Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Buscar emprego: Amizades e coñecidos, a vía máis eficaz

Antes de cambiar de emprego

  • Asegúrese de que é a decisión máis conveniente e de que lle traerá cambios positivos.
  • Se o salario é o principal motivo, pida un aumento antes de renunciar ó seu emprego.
  • Non comente os seus plans con ninguén ata non estar completamente seguro de que abandonará a empresa.
  • O seu superior debe se-la primeira persoa en coñece-los seus plans de cambio.
  • Informe á compañía coa suficiente antelación.
  • Na medida do posible, asegúrese de que alguén o pode substituír chegado o momento de partir.
  • Mantéñase en contacto coa antiga compañía e evite que se lle pechen as portas.
  • Obteña máis información sobre a súa nova empresa que a facilitada por eles na entrevista. Pode levar algunha sorpresa.
  • Pechado o acordo verbal coa nova compañía, solicite a confirmación por escrito.

Para busca-lo primeiro emprego

  • Fixe un obxectivo, pero sexa realista: quizais non o alcance. Ademais, co paso do tempo o seu propósito inicial pode variar.
  • Analice o seu nivel de formación e ata ónde pode aspirar. Lembre que haberá outras moitas persoas na súa mesma situación.
  • Agás brillantes excepcións, o máis habitual é comezar desde abaixo.
  • O primeiro emprego debe considerarse como un medio para adquirir experiencia para despois aspirar a máis.
  • Cantos máis intermediarios utilice, máis posibilidades de atopar emprego terá.
  • Infórmese e avalíe as tendencias do mercado de traballo.
  • Mentalícese do esforzo e da fortaleza psicolóxica que requirirá para buscar traballo.
  • Se o método que emprega non ofrece resultados, analice en qué pode estar fallando e use outros.
  • Asegúrese de que os seus currículos chegan ó destino axeitado. Chame ás empresas e pregunte o nome do xefe de persoal.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto