Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ensaladas envasadas: A hixiene pode mellorar

Analizáronse 8 ensaladas envasadas en atmosfera modificada, de catro marcas distintas. Trátase de "productos refrixerados minimamente procesados"

Oito ensaladas envasadas, unha a unha

Cesar, de Luminosa

  • Sae a 1.076 pta. o quilo, é a segunda máis barata. A mellor relación calidade-prezo.
  • Só dous ingredientes: leituga verde (en maior proporción) e leituga vermella. É unha das dúas que axunta un bo estado sanitario coa ausencia de restos de praguicidas.
  • Etiquetaxe incorrecta: non indica que está envasada en atmosfera modificada ou especial.
  • Na cata: 6,5 puntos, a segunda mellor. A mellor en sabor e en tenrura. No resto dos parámetros, valores intermedios.

Vega, de Vega Mayor

  • Sae a 1.373 pta. o quilo. Unha opción moi interesante. Ten 3 ingredientes: escarola lisa, escarola rizada e radicchio (chicoria).
  • Unha das de menos nitratos. Unha das dúas ensaladas con bo estado sanitario e ausencia de praguicidas.
  • Etiquetaxe incorrecta: non indica que está envasada en atmosfera modificada ou especial.
  • Na cata: 6,3 puntos. Tamaño grande dos ingredientes. Puntuacións intermedias en tódolos demais parámetros.

4 Estacións, de Vega Mayor

  • Sae a 858 pta. o quilo, é a máis barata. Interesante.
  • Ten 3 ingredientes: leituga iceberg (maioritario), col lombarda e cenoria. Restos dun praguicida, en cantidade inferior á permitida.
  • Estado sanitario: ben. Na cata, a mellor: 7 puntos. As puntuacións máis altas en case tódolos parámetros.

California, de Tallo Verde

  • Sae a 1.190 pta. o quilo. Seis ingredientes: col branca (maioritario), cabaciña, escarola francesa, millo, chicoria vermella e perexil.
  • Unha das de menos nitratos. Estado sanitario: regular, por excede-lo límite de aerobios mesófilos.
  • Etiquetaxe incorrecta: non indica que está envasada en atmosfera modificada ou especial.
  • Na cata: 6,7 puntos, a segunda mellor. Ben en tamaño, ingredientes e aparencia. No resto dos parámetros, cualificación intermedia.

Brotes Tenros, de Tallo Verde

  • Sae a 2.380 pta. o quilo, a segunda máis cara. Ten 7 ingredientes (leituga vermella e verde, folla de carballo, leituga romana e batavia (maioritaria), herba cos cóengos e cerefollo) e a porcentaxe de cada un varía segundo a época do ano.
  • Restos de praguicidas (tres tipos), pero dentro do límite.
  • Estado sanitario: regular, por supera-la cantidade admitida de aerobios mesófilos. Na cata: 5,8 puntos. Moi tenros. Pero no resto dos parámetros, puntuacións medias ou baixas.

Alemana, de Kernel

  • Sae a 1.196 pta. o quilo. Ten 6 ingredientes (col lombarda, cenoria, col branca, apio, cebola e rabanetes) e a porcentaxe de cada un varía segundo a dispoñibilidade do producto.
  • Estado sanitario: regular, por supera-la cantidade admitida de aerobios mesófilos.
  • Etiquetaxe incorrecta: asegura que o envase mellora a calidade do producto. Na cata: 6,4 puntos. Completa e variada.
  • Salienta a aparencia. Anacos pequenos, e textura dura. No demais, posicións intermedias.

California, de Kernel

  • Sae a 2.920 pta. o quilo, a máis cara. Ten 5 ingredientes: leituga vermella (maioritario), ruckola, folla de carballo, baby coss e agrón de terra, e a porcentaxe de cada un varía segundo a época do ano.
  • Restos dun praguicida, pero en cantidade inferior á permitida. Estado sanitario: regular tirando a mal, por supera-la cantidade admitida de aerobios mesófilos, e conter listeria (en cantidade inferior á permitida).
  • Etiquetaxe incorrecta: suxire que o envase mellora a calidade do producto. Na cata, a peor, con só 4,6 puntos. Ocupa as posicións máis baixas en case tódalas características analizadas. Sabor forte e amargo (pola ruckola).

Italiana, de Luminosa

  • Sae a 1.625 pta. o quilo. Ten só 2 ingredientes, leituga verde e leituga vermella. A de máis nitratos, aínda que moi por baixo da cantidade admitida.
  • Restos de dous praguicidas, en cantidade inferior á permitida. Estado sanitario: regular tirando a mal, por supera-la cantidade admitida de aerobios mesófilos, e conter listeria (en cantidade inferior á permitida).
  • Etiquetaxe incorrecta: non indica que está envasada en atmosfera modificada ou especial. Na cata: 6,3 puntos. En sabor, unha das mellores.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto