Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Os defectos graves dun inmoble obrigan a rescindi-la compravenda

Unha parella mercou unha vivenda por oito millóns e medio de pesetas. En setembro de 1992, asinaron a escritura de compravenda perante notario e formalizaron o crédito hipotecario. Ó pouco tempo da compra, apareceron fendas na casa e os veciños informaron de que o edificio presentaba graves problemas estructurais e de construcción, o que constaba nun informe técnico que solicitaran.

Demandaron ós vendedores no Xulgado de Primeira Instancia e solicitaron a rescisión da escritura de compravenda. Ademais, reclamáronlles ós vendedores o importe da casa, mailos gastos de notaría, rexistro da propiedade, imposto de transmisións e xestoría, intereses e gastos ocasionados pola amortización da hipoteca. O Xulgado déulle-la razón, pero os vendedores apelaron ó Tribunal Supremo, por entenderen que a demanda se presentara fóra de prazo.

Sen embargo, o Supremo, o 23 de decembro do 2000, reafirmou que o prazo de seis meses para reclamar por vicios ocultos comeza a contar desde a entrega da vivenda, é dicir, desde a data da escritura, e que polo tanto a demanda se presentara dentro do prazo. Tamén considera probada a existencia e gravidade dos defectos estructurais, defectos que non eran apreciables dunha simple ollada (as fendas foron recubertas con xeso ó tempo da venda). Xa que era previsible o aumento das fendas e dado que as obras de reparación do inmoble se valoraban en 27 millóns de pesetas, considera o Supremo que a vivenda resulta inútil para o seu uso. Na sentencia, estima as peticións dos compradores e rescinde a compravenda, coa obriga de devolución do prezo e gastos da compravenda e intereses, incluíndo gastos da amortización da hipoteca mailas custas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto