Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un paciente foi sometido a unha operación de vasectomía, pero dous anos despois a súa muller quedou embarazada e deu a luz un neno. O paciente demandou por danos materiais e morais ó médico e á compañía aseguradora, polo feito de o médico non prestar información completa, verbal e escrita, precisando que non fundaba a súa reclamación no feito de se a intervención foi ou non correcta en si mesma.
Sen embargo, o Tribunal Supremo afirma, na súa sentencia do 2 de novembro do 2000, que estaba acreditado que se lle proporcionara información abonda sobre as posibles complicacións posteriores á intervención, aínda que non fose por escrito. Por iso, o Tribunal considera cumprido o deber médico de informa-lo paciente e entende que non pode prospera-la reclamación de danos solicitada polo paciente, polo que desestima o recurso.
Lembra o Tribunal Supremo nesta sentencia que, aínda que en 1994 e noutro asunto semellante, si condenou ó médico a indemniza-lo paciente, non foi por estimar probado que non se lle proporcionara a información precisa ó paciente. Argumenta que unha intervención de vasectomía non sempre ofrece un resultado seguro, e que o doutor lle debe proporcionar ó paciente a información sobre a operación, os seus resultados e consecuencias, pero non necesariamente por escrito.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI