Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un concello indemniza a un veciño que perdeu a visión na solta de vacas

Un veciño sufriu unha ferida de hasta durante unha solta de vaquiñas organizada polo concello no municipio de Valdetorres do Jarama (Madrid) en 1991. Perdeu totalmente a visión no ollo dereito e reclamoulle ó consistorio, en vía administrativa, sete millóns de pesetas. Pero o concello non lle contestou, polo que o veciño continuou reclamando ata chegar ó Tribunal Supremo.

O Tribunal, en sentencia do 17 de outubro do 2000, valorou negativamente a pasividade do consistorio, que tampouco compareceu na sede xudicial, e condenouno a aboa-los sete millóns solicitados, actualizados co IPC mailos intereses legais, por entender acreditada a responsabilidade da administración pública.

Segundo o Supremo, se ben a lesión se produciu pola collida dunha vaquiña, foi causada dentro da "solta" organizada polo concello. Ademais, preto da praza de touros non había ambulancias para o traslado dos posibles feridos a un centro hospitalario. Polo tanto, entende que a lesión deriva dunha actividade lúdica organizada polo concello sen a adopción das medidas de seguridade que aconsellan estas festas, de acordo á Lei 10/1991 sobre Espectáculos Taurinos.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto