Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un conductor sufriu un accidente de tráfico polo que tivo lugar un xuízo de faltas. Para o preito recorreu ós servicios dun letrado, ó que aboou uns honorarios de 458.000 pesetas. Como o conductor tiña contratada unha póliza de seguros de defensa xurídica, reclamoulle o importe dos honorarios do avogado á súa compañía de seguros. Pero a compañía negouse a pagar, alegando que a póliza limitaba a cobertura de defensa xurídica a 250.000 pesetas.
Presentado o asunto perante os tribunais, a Audiencia Provincial de Alacante, o 10 de maio do 2000, dálle a razón ó asegurado porque entende que o anexo da póliza, que certamente incluía a limitación da cobertura para ter efectos vinculantes, debería estarp asinado polo asegurado e como non o estaba, non tiña ningún efecto limitativo.
Di a Audiencia que, por aplicación da Lei do Contrato de Seguro, se se quería limita-la cobertura, deberíase salientar esta cuestión de modo especial e ser especificamente aceptada por escrito. De acordo á sentencia, a compañía de seguros queda obrigada ó pagamento de toda a cantidade reclamada, xa que o contrato de seguro cubría a súa defensa xurídica sen límite ningún.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI