Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un veciño da planta baixa non quere aboa-la instalación dun ascensor

Resido nun baixo e nunha xuntanza de propietarios propúxose a posibilidade de colocar desde a miña planta un ascensor ata o último andar. Aínda que hai problemas polas medidas da escaleira, podería darse o caso de colocar dous ascensores exteriores. Polas características da miña vivenda, non me opoño a que o instalen, pero non quero que a instalación me repercuta en ningún custo. ¿Que porcentaxe de veciños é preciso para instalalo? ¿Poden obrigarme a pagar en función da cota de participación?

No tocante á porcentaxe de votos precisa para instalar un ascensor, sempre que non se trate de obras que teñan por finalidade a supresión de barreiras arquitectónicas, é abondo o voto favorable das tres quintas partes do total dos propietarios que representen tamén as tres quintas partes das cotas de participación. Se a obra persegue suprimir barreiras arquitectónicas que dificultan o acceso ou mobilidade de persoas con minusvalías, mesmo cando impliquen a modificación do título constitutivo ou dos estatutos, requírese o voto favorable da maioría dos propietarios que, ademais, representen a maioría das cotas de participación. E se se adopta o acordo, quen votara en contra del tamén quedará vinculado e obrigado a respectalo.

No tocante a se é obrigatorio contribuír economicamente á instalación, dependerá das circunstancias concretas de cada comunidade e de cada edificio, pero, en termos xerais, se a instalación do ascensor é unha obra precisa, o disidente estará obrigado a contribuír. Pero se non é unha obra necesaria, por aplicación do artigo 11 da Lei de Propiedade Horizontal, só estará obrigado a contribuír cando a derrama (cantidade que lle corresponde pagar a cada veciño por un gasto extraordinario da comunidade) non exceda de tres mensualidades ordinarias de gastos comúns.

Se un acordo da xunta de propietarios obriga a custear unha derrama superior ás tres mensualidades de gastos comúns, é impugnable perante os tribunais. Os pasos que hai que seguir son oporse ó acordo de instalación do ascensor e aínda que este acordo se adopte validamente pola maioría de 3/5, oporse a un presunto segundo acordo que pretenda obrigalo a custea-la obra segundo a súa cota. Estes dous acordos son independentes. Para impugnar, hai que estar ó corrente no pagamento de tódalas débedas vencidas coa comunidade ou consignalas. A acción xudicial debe exercerse no prazo de tres meses, non sendo que se trate de acordos contrarios á lei ou ós estatutos, caso no que o prazo é de un ano.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto