Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Unha decisión difícil, sobre a que debemos reflexionar con datos na man: Elixir colexio

Máis dun millón de alumnos de Educación Infantil (nenos de entre tres e seis anos) asistirá por primeira vez ó colexio o vindeiro curso escolar. Deles, aproximadamente o 65% incorporarase a centros públicos ou concertados, e o resto a escolas privadas.

Comedor

  Tódolos centros que contan con comedor cobran unha cota extra por este servicio. Nos públicos e concertados, cada comunidade autónoma estipula prezos máximos e mínimos. Os privados teñen total liberdade para estableceren as súas tarifas. Nun informe realizado por CONSUMER en novembro de 1998 constatouse que os menús dos centros públicos eran moito máis baratos cós dos privados, e mesmo algo mellores desde unha perspectiva nutricional.

O estado hixiénico-sanitario das instalacións e a calidade nutritiva do menú son as dúas cuestións esenciais que cómpre considerar. Os pais deben coñecer por adiantado o menú dos seus fillos, xa que así poderán preparar unha cea máis axeitada para eles cada día. Ademais, é preferible que os alumnos máis cativos dispoñan dun comedor á parte onde poidan xantar vixiados por adultos e teñan un menú especial con alimentos fáciles de mastigar, servidos en cantidades apropiadas. O comedor debe ser un marco no que os nenos adquiran correctos hábitos alimentarios. É importante que unha persoa vixíe que se alimentan como é debido, é dicir, que comen ensaladas, verdura, legumes, peixe e froita, precisamente o que máis lles custa e menos agrada, pero tamén o máis nutritivo e saudable. Para rematar, os pais deben saber qué alternativas teñen os nenos no intervalo de tempo desde que acaban de comer ata que entran na clase, se contan con alguén que os vixíe, se poden emprega-las instalacións (biblioteca, ximnasio...), se hai actividades alternativas...

Instalacións

O estado das aulas, dos espacios nos que xogarán os nenos, dos aseos e, en definitiva, de tódalas instalacións polas que ó longo da xeira escolar se moven os cativos, debe ser satisfactorio. Tanto o seu estado de conservación coma as condicións de seguridade que ofrecen son aspectos nos que se deben fixa-los pais cando visitan o centro. Por suposto, canto máis completas sexan as instalacións e equipamentos, mellor formación académica e extraescolar poderán recibi-los nosos fillos. A aula de informática, o laboratorio, o ximnasio ou outras instalacións deportivas axudan a completa-la educación do neno, xa que en certas materias a práctica é imprescindible. Algunhas escolas dispoñen tamén de laboratorios de fotografía, narrativa e idiomas. Pero nalgunhas disciplinas, tan importante coma as instalacións é a existencia de monitores especializados que supervisen os alumnos durante o uso das infraestructuras.

Informática

Os nenos débense familiarizar desde pequenos co uso dos ordenadores. Algúns colexios poñen á disposición dos seus alumnos equipos informáticos para que aprendan a manexalos e poidan realizar traballos de investigación, e algúns ofrecen conexión a Internet. En moitos casos, imparten clases de informática como clases de apoio fóra do horario escolar. Convén preguntar cál é a proporción ordenadores-nenos. Nun de cada tres centros escolares españois, o alumnado non conta con ningún ordenador.

Actividades extraescolares

Canta máis variedade se ofreza, maior será a posibilidade de que o alumno acepte practicar algunha destas actividades extraescolares. Clases de música, danza, idiomas, informática, teatro, xogos, técnicas de estudio e deportes son exemplos abondo coñecidos. É conveniente coñece-los horarios, tarifas e lugares nos que se practican, amais de quén as imparte. Estas actividades son moi enriquecedoras para os máis cativos, xa que amais de aprenderen mentres se divirten, continúan en contacto cos seus compañeiros de clase, nun contexto máis relaxado e propicio para as relacións persoais. Segundo os expertos, forzalos a realizaren unha determinada actividade pode resultar contraproducente. Hai que contar sempre co punto de vista dos pequenos e, na medida do posible, atopar unha actividade que lles produza satisfacción.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto