Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Unha decisión difícil, sobre a que debemos reflexionar con datos na man: Elixir colexio

Máis dun millón de alumnos de Educación Infantil (nenos de entre tres e seis anos) asistirá por primeira vez ó colexio o vindeiro curso escolar. Deles, aproximadamente o 65% incorporarase a centros públicos ou concertados, e o resto a escolas privadas.

Idiomas estranxeiros

España aínda está atrasada con respecto ós outros países europeos no tocante ó coñecemento de idiomas estranxeiros e este é, sen dúbida, un dos grandes retos para as escolas, tanto públicas coma privadas. Aínda que en moitos centros se introduce o segundo ou terceiro idioma a idades cada vez máis precoces, as horas semanais dedicadas a esta disciplina son aínda insuficientes.
Está máis que constatado que unha persoa que estudiou un idioma estranxeiro na escola desde os 6 ata os 18 anos durante tres horas semanais ten enormes carencias para desenvolverse nesa lingua, especialmente na expresión oral. Por iso, debemos valorar moi positivamente que un centro imparta máis horas de idioma estranxeiro cás fixadas pola Administración, e que organice cursos para reforza-lo idioma fóra do horario lectivo ou que ofreza estancias (de verán ou cursos académicos completos) no estranxeiro para perfecciona-lo xa aprendido.

Idiomas en centros bilingües

Hai dous tipos de colexios privados bilingües: os que alternan o castelán con outro idioma seguindo o plan de estudios español, e os que imparten o plan de estudios oficial doutro país. Nos últimos si que se garante a aprendizaxe dun segundo idioma, pero o seu custo é elevado, e non está ó alcance de tódalas familias. Se se opta por un centro bilingüe, será interesante coñecer cántas clases se impartirán en castelán e cántas noutro idioma, a qué idade se irán introducindo estes idiomas e cál será o grao de introducción.

Filosofía, ambiente e imaxe que o centro transmite

Tan interesante como coñece-la formación académica que recibirán os estudiantes é sabe-lo medio no que se van educar. Convén pórse en contacto con pais de alumnos que leven un tempo no centro para coñece-lo contorno, e se os principios e valores que inculcan son os que desexan para os seus fillos, se a convivencia entre alumnos é boa, se o ambiente de estudio que se vive no centro é o axeitado...

A escola non só transmite coñecementos, tamén ten a función de formar persoas complementando a educación que reciben dos pais.
Pódese falar xa dunha reforma educativa neste aspecto, coa introducción dos temas transversais, ou currículo social. Trátase de favorece-la formación integral da persoa incorporando materias en educación moral e cívica como a educación para a paz, para a saúde, a educación sexual, a ambiental, a de consumo, a educación viaria... Ós pais deberíalles interesar coñecer fondamente cál é o enfoque que rexe nas aulas e cómo se traballa nelas. O mellor é falar directamente cos profesionais do centro, e pedirlles que nos describan os pormenores sobre cómo traballan este concepto do currículo social.

Centro laico ou relixioso

A inmensa maioría dos colexios relixiosos son concertados ou privados. Os colexios relixiosos están dirixidos por unha entidade confesional e contan cun proxecto educativo propio (orientado en valores cristiáns), sempre dentro do espírito e a letra da LOXSE.

Unha parte (cada vez menor) do profesorado pertence á orde relixiosa que a dirixe. Nos colexios laicos privados, as normas de comportamento, así como o proxecto educativo, dependen do ideario que siga cada centro. Os valores morais non quedan relegados a un segundo plano, senón que se desmarcan do relixioso, polo que o alumno que o desexe pode educarse en valores relixiosos e o que non o desexe pode facelo en valores universais. O desexable (que non imprescindible) é que exista unha coherencia entre a maneira de pensar e vivir dos pais e o ideario do centro, xa que é o xeito de evitar crear confusión nos fillos.

Traxectoria e prestixio social

Unha longa historia do centro pode ser positiva porque denotaría experiencia e certa unión e continuidade dos profesores. Pero de nada serven os mellores ensinantes se cada ano se incorporan outros novos, que deberán aprende-la filosofía e metodoloxía didáctica do centro. Polo tanto, é aconsellable que unha base, o esqueleto do centro -tanto en profesores coma en xestores ou en estilos de traballo- se manteña relativamente estable, aínda que esta traxectoria resistente ó paso do tempo tamén pode carrexar unha innecesaria pervivencia de tradicións difíciles de cambiar. Esta falta de flexibilidade, polo tanto, pode ser negativa para a escola, e orixinar lentitude en procesos de cambio precisos para adaptarse ós novos tempos e metodoloxías. De aí que unha sabia combinación de estabilidade e renovación sexa a clave da calidade escolar. Cómpre lembrar que tamén os colexios atravesan ciclos, con fases mellores e outras peores. Por este motivo, e aínda que o centro goce de sona e tradición, convén visitalo e conseguir información concreta e actualizada sobre as súas prestacións.

O profesorado

A estabilidade do profesorado é fundamental na consistencia do labor educativo dun centro. E iso porque, aínda que o proxecto educativo dun colexio está por riba das ideas concretas de cada un dos ensinantes, a educación é un traballo no que o carácter persoal e a actitude dos educadores ante os nenos, e a súa disposición a incorporaren as novas fórmulas pedagóxicas, xogan un papel estratéxico. A calidade do profesorado conséguese cando se conta cun equipo conformado ó longo dos anos, que ofrece prestacións coñecidas e contrastadas suficientemente. Pero o excesivo inmobilismo dos profesores pode ser tamén un signo de rixidez, conformismo e escaseza de dinamismo.

Considérase profesorado estable a porcentaxe de docentes dun centro que traballou nel durante os últimos cinco anos. Un centro é estable neste sentido cando cando menos o 75% do seu persoal permaneceu alí durante os últimos cinco anos. En España preto do 70% dos centros cumpren este requisito.

Outra cuestión é a cualificación dos profesores. Non é doado para os pais informarse sobre a calidade profesional (titulación académica, pericia didáctica e pedagóxica, experiencia docente...), pero sempre se pode facer algo. Preguntar directamente a quen xestiona o centro é a mellor maneira de avanzar neste aspecto.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto