Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Unha decisión difícil, sobre a que debemos reflexionar con datos na man: Elixir colexio

Máis dun millón de alumnos de Educación Infantil (nenos de entre tres e seis anos) asistirá por primeira vez ó colexio o vindeiro curso escolar. Deles, aproximadamente o 65% incorporarase a centros públicos ou concertados, e o resto a escolas privadas.

  En abril e maio, un bo número de pais deberá matricula-los seus fillos no centro que consideren máis axeitado para eles. Pero, en realidade, a posibilidade de elección non é moi ampla: no ensino público, renda familiar, proximidade do centro ó domicilio e presencia de irmáns no colexio condicionan a posibilidade de admisión e reducen, polo tanto, a marxe de manobra dos pais. E no caso das escolas privadas e concertadas a escasa dispoñibilidade de prazas en moitas delas e, sobre todo, os gastos que deben afronta-los pais (ata 400.000 pesetas por ano e alumno de Primaria nos privados e unha media de 50.000 pesetas nos concertados, fronte ás aproximadamente 15.000 pesetas que representa un centro público) serán os principais filtros de selección. Nestas cifras (calculadas por CONSUMER hai pouco máis dun ano) inclúense as custas seguintes: escolaridade, matrícula, cota de homologación, seguro escolar, enfermería, material funxible da aula, asociación de pais e material escolar e libros de texto.

De tódolos xeitos, e tanto ten que a escola sexa privada, concertada ou pública, convén que os pais a visiten persoalmente, e recompilen unha información que debe proporcionar datos e criterios relevantes de valoración: atoparana nos folletos do propio centro, ou en conversas con pais que mandan os seus fillos a ese colexio, ou a través dunha longa entrevista cos responsables do centro...

Pero iso non é todo, hai outras fontes de información. Sen irmos máis lonxe, CONSUMER reflexionou, co asesoramento de profesionais expertos en educación e de varias ANPAS (asociacións de nais e pais de alumnos) sobre os aspectos fundamentais que deben ter en conta os pais e nais que teñen que elixir colexio para os seus fillos. As conclusións deste informe serviranlles de axuda tamén ós proxenitores que desexan coñecer, cando menos aproximadamente, a calidade real que ofrece o centro ó que acoden os seus fillos a cotío.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto