Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Desodorizantes roll-on sen alcohol: Todos cumpren, pero uns mellor ca outros

Analizáronse 8 desodorizantes roll-on sen alcohol en envase de 50 mililitros, que custan entre as 297 pesetas de Hidro Genesse e as máis de 400 pesetas de Heno de Pravia e Rexona

Un por un, oito desodorizantes roll-on sen alcohol

Dove

  • 374 pta. Un dos caros, pero tamén a mellor relación calidade-prezo. O mellor da análise. Non falla en nada. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor.
  • É máis líquido ca viscoso. Contén hidratante (glicerol), aínda que en menor proporción cós outros dous que o conteñen.
  • Permanencia do perfume, aceptable. Non deixa marca na roupa.

Hidro Genesse

  • O máis barato, a 297 pta, constitúe unha boa opción de compra. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor.
  • Un dos mellores en permanencia do perfume. Contén bactericida (Triclosan).
  • É o máis viscoso (cremoso). Só un defecto: deixa unha lixeira marca na roupa.

Sanex

  • 312 pta, barato. Outra boa opción. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor.
  • É un dos tres analizados que inclúe hidratante (glicerina), un dos dous con bactericida (Triclosan) e o único con cicatrizante (alantoína).
  • Pero, na proba, deixou unha lixeira pegada na roupa e o seu tempo de secado (case dous minutos) é excesivo.

Natural Honey

  • 310 pta, barato. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor. É o máis líquido.
  • E un dos mellores, pero comete unha irregularidade: aínda que declara facelo, non diminuíu -na proba realizada- a humidade na axila.
  • Un dos mellores en sensación de frescura na aplicación e dos máis rápidos en secar. Non deixa pegada na roupa. O que máis hidratante (glicerina) contén. boa permanencia do perfume.

Nivea

  • 347 pta, prezo intermedio. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor. Destaca en: sensación de frescura no momento de aplicación, tempo de secado e permanencia do perfume.
  • Pero deixa unha lixeira marca na roupa e case non diminuíu a humidade na proba, se ben (e a diferencia doutros) tampouco promete facelo na súa etiqueta.

Rexona

  • 410 pta, o segundo máis caro. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor.
  • É o único sen perfume. Diminúe a humidade na axila. Pero transcorridas sete horas desde a aplicación, o aroma das materias primas degradouse un pouco.
  • E deixa unha lixeira pegada na roupa.

Heno de Pravia

  • 416 pta, o máis caro. Coma todos, impide o cheiro do corpo a suor. Só destaca na sensación de frescura na aplicación.
  • Deixa unha lixeira marca na roupa. E, transcorridas sete horas desde a aplicación, o aroma do perfume degradouse un pouco.
  • Irregularidade: aínda que o declara na súa etiqueta, non diminuíu a humidade da axila na proba.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto