Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Atún claro en aceite: Case a metade non son "atún claro" senón simplemente atún

Analizáronse 7 mostras de atún claro en aceite vexetal, en paquetes de tres latas de 80 gramos netos, os prezos eran semellantes

Sete latas de atún en aceite, unha a unha

Friscos

  • Sae a 704 pesetas o quilo, o segundo máis barato. É "atún claro", xa que utiliza a especie que fixa a norma para esta denominación.
  • Calidade: en composición e aparencia, ben; en defectos, moi ben. Relación entre peso neto e peso escorrido: 64%. O aceite, de soia.
  • Na cata, o mellor, con 7 puntos. As mellores puntuacións en tódolos parámetros: cor, aparencia, zume, sabor e persistencia do sabor.

Calvo

  • Sae a 760 pesetas o quilo, o máis caro, pero é unha boa opción. É "atún claro", xa que utiliza a especie que fixa a norma.
  • Calidade: composición e aparencia, ben; e moi ben, o mellor, en defectos. Relación peso neto-escorrido: 63%. O único con aceite de xirasol, de máis calidade có de soia.
  • Na cata, o segundo mellor, 6,9 puntos. Só é peor ca Friscos en que é menos zumento. Salienta o seu sabor e a persistencia do sabor, aínda que sexa algo salgado.

Miau

  • Sae a 729 pesetas o quilo. É "atún claro", xa que utiliza a especie que fixa a norma. Calidade: en composición e aparencia, moi ben (un dos mellores); e ben (pero un dos peores) en defectos.
  • Relación entre peso neto e escorrido: 59%, inferior ó mínimo fixado pola norma. O aceite é de soia. Indica que bota man de técnicas de pesca que evitan a captura de golfiños.
  • Na cata: 6,6 puntos. Ben en sabor e en zume, e intermedio en aparencia, cor e persistencia do sabor.

Rianxeira

  • Sae a 726 pesetas o quilo. É "atún claro", xa que utiliza a especie que fixa a norma. Calidade: ben, tanto en composición e aparencia coma en defectos.
  • Relación peso neto-peso escorrido: 65%. Usa aceite de soia. Na cata, o segundo peor, pero con 6,1 puntos.
  • Ocupa posicións baixas en case tódalas características analizadas. Salgado e de textura pouco agradable: pastoso, duro, fibroso.

Isabel

  • Sae a 636 pesetas o quilo, o máis barato. Non é "atún claro", xa que utiliza unha especie distinta á que fixa a norma.
  • Pero non incumpre a lexislación, xa que na data de elaboración é anterior á da entrada en vigor da norma. Calidade: composición e aparencia, ben (aínda que unha das dúas peores); e moi ben en defectos. Relación entre peso neto e escorrido: 65%. O aceite, de soia.
  • A etiqueta con mellor información nutricional. Na cata, o peor con 5,5 puntos. Insípido, e con diferencia na cor do interior e exterior dos anacos. Moito producto esmiuzado.

Escurís

  • Sae a 758 pesetas o quilo, o segundo máis caro. Non é "atún claro", xa que usa unha especie distinta á fixada pola norma. Presumiblemente, está fóra de norma, xa que non lle demostrou a CONSUMER que a data de elaboración da súa mostra sexa anterior á de entrada en vigor da norma.
  • Calidade: en composición e aparencia, moi ben (unha das dúas mellores); e en defectos, ben (aínda que un dos peores). Relación entre peso neto e escorrido: 65%. O aceite, de soia.
  • O único sen información nutricional na etiqueta. Na cata: 6,6 puntos. Bo sabor. Cualificouse como salgado.

Cabo de Peñas

  • Sae a 718 pesetas o quilo. Non é "atún claro", xa que utiliza unha especie distinta á que fixa a norma. Malia a iso, non incumpre a lexislación xa que a súa data de elaboración é anterior á da entrada en vigor da norma.
  • Calidade: ben, tanto en composición e aparencia (pero unha das peores) coma en defectos (pero a peor). Relación entre peso neto e escorrido: 66%. O aceite, de soia.
  • Indica que utiliza técnicas de pesca que evitan a captura de golfiños. Na cata: 6,2 puntos. Aparencia, das peores valoradas, sabor intermedio e textura aceitosa.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto