Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente acudiu a un médico otorrino a causa dunha doenza nos oídos. Foi sometida a diversos tratamentos, sen resultado positivo, en función do diagnóstico de otite media crónica bilateral. Posteriormente, practicáronselle ata catro intervencións cirúrxicas, pero o seu estado empeorou e agravouse con parálise facial. Ante esta situación, o médico realizou unha única proba de tuberculose ótica, que deu resultado negativo. A paciente consultou outro especialista e, tras diversas probas, diagnosticáronlle otite media tuberculosa e foi sometida a un novo tratamento co que evolucionou favorablemente.
O Tribunal Supremo considera, en sentencia do 3 de novembro do 2000, que quedou acreditado que durante o período no que o primeiro otorrino tratou a paciente non soubo curala, malia a ser médico especialista. Non empregou axeitadamente os medios que a ciencia lle facilitaba e obrou con imprudencia, xa que só practicou unha tardía análise de tuberculose ótica e aferrouse ó resultado negativo, sen comproba-la corrección da análise nin practicar unha segunda análise confirmatoria. Deste xeito, puxo en perigo a saúde da paciente. Aínda que a obriga médica é de medios e non de resultado, a neglixencia do profesional quedou acreditada neste caso, polo que o otorrino foi condenado a indemniza-la paciente con quince millóns de pesetas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI