Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Contidos de EROSKI

Reutiliza y Ahorra

bolsa Rafia
  • En EROSKI apostamos pola reutilización de bolsas e premiémoste por facelo
ver campanya

Cambiar idioma

Outras utilidades


Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un home morreu cando xogaba cunha portería

En 1993 un home acudiu ó frontón propiedade do Concello de Huarte Araquil (Navarra) para recolle-lo seu fillo e, mentres agardaba, agarrouse coas mans ó traveseiro superior dunha portería de fútbol sala que estaba retirada nun extremo. A portería cedeu, caeu ó chan e arrastrou o home, que, como consecuencia, faleceu.

Segundo a sentencia do 6 de outubro do 2000 do Tribunal Supremo, a actuación do finado foi incorrecta, xa que unha portería de fútbol sala non é axeitada para realizar actividades ximnásticas, polo que apreciou culpa na propia víctima. Pero tamén a apreciou no Concello, pola falta dos elementos precisos para suxeitar e facer segura a portería causante do accidente. En concreto, non se adoptara ningunha medida para prohibi-lo acceso á portería, aínda que era abondo coñecido que os veciños do lugar empregaban esa portería para viravoltas e piruetas semellantes.

E salienta o Supremo que proba da actuación imprudente do Concello foi que tralo accidente se adoptaron medidas de seguridade e se cambiaron os modelos das porterías, fixándoas ó chan. Por todo o devandito, aprecia concorrencia de culpas entre o Concello e a víctima, o que obriga a modera-la indemnización que o Concello debe pagarlles ós herdeiros do finado.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto