Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un catéter defectuoso ocasionou graves lesións

Un paciente cunha lesión no dedo índice da man esquerda acudiu ó Servicio Galego de Saúde. No preoperatorio introducíuselle por vía venosa un catéter que rompeu e se trasladou ata o ventrículo dereito, aloxándose na arteria pulmonar. Debido a isto, o paciente debeu someterse a unha grave intervención cirúrxica para extraerlle o catéter, sufriu lesións das que tardou en curar 246 días, e quedoulle como secuela unha cicatriz no tórax.

O paciente demandou ó fabricante (os laboratorios Abbot), á Tesourería Xeral da Seguridade Social, ó INSALUD e ó Servicio Galego de Saúde. En primeira instancia, condenouse ós laboratorios a aboarlle ó paciente dez millóns de pesetas, e o resto dos demandados foron absoltos. Na apelación, reduciuse a indemnización a seis millóns. Así e todo, os laboratorios recorreron ó Supremo e perderon.

Di o Supremo, en sentencia do 15 de novembro do 2000, que cando aconteceron os feitos estaba vixente a Lei Xeral de Defensa do Consumidor e Usuario, que obrigaba ós laboratorios a probar que actuaron con dilixencia. Sen embargo, o Supremo estima que os laboratorios non probaron a inexistencia de defectos no catéter e que quedou acreditado que rompeu cando era usado correctamente, o que determina a obriga de repara-lo dano que se lle causou ó paciente.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto